Abertas as inscricións para unha xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda

3 Marzo 2021

O vindeiro mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda será o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.

Esta xornada, que arrancará ás 16:30 horas, ten coma obxectivo contribuír a crear novos produtos e servizos que poidan ser comercializados polos profesionais e entidades da zona para dinamizar e atraer novos viaxeiros ao concello.

A xornada estará dividida en dúas partes, na primeira delas realizarase unha charla con expertos sobre o patrimonio cultural inmaterial da Guarda e boas prácticas no sector e, despois dunha breve pausa, realizaranse mesas de traballo nas que os asistentes poderán traballar no desenvolvemento de novos produtos e servizos turísticos para o territorio.

Todas aquelas persoas, sexan profesionais ou non, e que desexen desenvolver ou participar en proxectos para a creación de novos produtos turísticos, atraer turismo á Guarda, potenciar a nosa cultura ou dar a coñecer o noso patrimonio, teñen unha oportunidade moi especial nesta xornada, na que participarán expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo.

As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico atlanticculturescape.aguarda@gmail.com ou no teléfono 886 212 131.

Máis información sobre o proxecto en https://atlanticculturescape.eu/

Está pasando!