Aberto o prazo para a solicitude de participación na II Mostra Creativa do Baixo Miño

9 Maio 2022

  • Concello da Guarda e Acontravento, marca de roupa local, organizarán por segundo ano consecutivo a II Mostra Creativa do Baixo Miño, que terá lugar o sábado 30 de Xullo na Praza de Avelino Vicente (As de Copas)
  • No evento poderán participar persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca. A inscrición será de balde e estará aberta ata o día 28 de xullo

O Concello da Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que ten na súa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

Un dos obxectivos da iniciativa, que tivo a súa primeira convocatoria no 2021, é acadar que a Mostra se poda consolidar como un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que hai no Baixo Miño.

Por isto o Concello invita a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico info@acontravento.gal 

Está pasando!