Aberto o prazo para a solicitude de participación na III Mostra Creativa do Baixo Miño

11 Abril 2023

  • O Concello da Guarda, xunto a un grupo de artesáns e persoas deseñadoras do Baixo Miño, organizarán por terceiro ano consecutivo a Mostra Creativa do Baixo Miño, que terá lugar o sábado 29 de xullo na Praza de Avelino Vicente (As de Copas)
  • No evento poderán participar persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca. A inscrición será de balde e estará aberta ata o día 27 de xullo

O Concello da Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que teñen na comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

Ao igual que o ano pasado, a Mostra Creativa do Baixo Miño coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos. Desde o Concello agradecen a boa disposición para sumar esforzos de ORPAGU e establecer lazos de colaboración.

Invitan a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que revisen as bases publicadas no taboleiro de anuncios e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com


Está pasando!