Aberto o prazo para presentar candidaturas aos Premios Cidade de Pontevedra

7 Decembro 2020

Desde onte permanece aberto o prazo de presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra.

As persoas, asociacións, entidades ou colectivos interesados poderán presentar as súas propostas no Rexistro do Concello ata o 5 de xaneiro de 2020. As propostas deberán levar unha memoria xustificativa que explique os méritos do designado.

Os Cidade de Pontevedra teñen dúas modalidades, persoa física e persoa xurídica. O xurado valorará o labor desenvolvido polos candidatos, sobre todo, no último ano e a proxección de Pontevedra e os pontevedreses/as derivada delo.

Os galardóns serán entregados nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián patrón da Boa Vila.

BASES DO PREMIO “CIDADE DE PONTEVEDRA”

Está pasando!