Participantes nunha edición anterior da Feira Franca | Concello de Pontevedra

Abre a oficina da Feira Franca para solicitar espazos para xantares, ceas, o mercado medieval e para a hostalaría

16 Xuño 2025

A Concellaría de Festas abre hoxe, 16 de xuño, a oficina que estará nas dependencias do departamento de Cultura no Teatro Principal de Pontevedra (rúa Don Filiberto). Atenderá até o 16 de xullo.


A Concellaría de Festas de Pontevedra que dirixe Demetrio Gómez, xa traballa unha nova edición da Feira Franca que este ano se celebrará na fin de semana do 5 e 6 de setembro. A temática desta edición é “As meigas”.

Hoxe mesmo abre a Oficina da Feira Franca para atender a todas as persoas que queiran inscribirse para participar activamente na festa ben sexa para solicitar posto de xantares e ceas, para montar no mercado medieval ou para a hostalaría do centro histórico.

O prazo de inscrición estará aberto até o 16 de xullo. Nesta ocasión a Oficina da Feira Franca trasládase ás oficinas municipais de Cultura do Teatro Principal ás que se poden acceder pola rúa Don Filiberto. A atención ao público será de 10 a 14 horas.

As solicitudes poden presentarse presencialmente na citada oficina, pero tamén de xeito telemático a través dos formularios habilitados na web.

Para calquera dúbida tamén poden remitir un correo electrónico a [email protected]

Está pasando!