Achégate a coñecer o único Mosteiro da Orde do Císter situado no Atlántico e descobre a historia que desde 1.149 forxou un lugar único

16 Agosto 2021

O Real Mosteiro de Oia organiza visitas guiadas durante este verán cun percorrido parcial por zonas interiores e exteriores do Ben de Interese Cultural e inclúe a visita á exposición permanente ‘Os presos do Mosteiro: memoria da guerra civil española’.

Prezos: 6 euros (tarifa xeral) | 3 euros (tarifa reducida) | De balde (menores de 7 anos).

Tarifa reducida: nenos entre 7 e 14 anos, maiores de 65 anos, diversos funcionais, docentes, guías turísticos, familia numerosa. Imprescindible presentar carné.

Luns: pechado.

Martes: visita acompañada, non guiada (de balde). O acceso á exposición ‘Os presos do Mosteiro’ non está incluído.

+info. sobre as visitas e reserva de entradas en mosteirodeoia.com


O Real Mosteiro de Oia

O Mosteiro de Santa María de Oia, monumento principal do municipio, comezou a construírse a mediados do século XII, durante o mandato do rei galego Afonso VII. No interior dos seus muros reuníronse monxes que previamente habitaban distintos puntos da comarca. En 1185 pasou a formar parte da Orde do Císter.

Conta con elementos románicos, góticos e barrocos, froito das reformas e modificacións que sufriu ata finais do século XVIII. A igrexa presenta tres naves dispostas en planta de cruz latina. O coro é do S. XVII e a fachada de estilo barroco de fins do S. XVIII.

Grazas á súa estratéxica localización (está situado xusto á beira do mar), Santa María de Oia xogou un importante papel na defensa da costa. En 1624 os monxes lograron desbaratar un ataque da flota turca, o que levou a Felipe IV a concederlle ao mosteiro o título de “Real”.

Tras a Desamortización de 1835 pasou a ser de propiedade privada, aínda que a igrexa funciona como templo parroquial.

Está pasando!