Aguarda presenta unha Axenda de Verán chea de actividades para todos os gustos e idades
12 Xullo 2022
O Concello da Guarda ven de presentar a Axenda de Verán 2022, unha programación de actividades extensa, para todos os gustos e para todas as idades, que estenden ata o mes de setembro con concertos, exposicións, actividades de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, entre outros.
A concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destaca a gran aposta feita dende o consistorio municipal para realizar unha programación variada e atractiva, tanto para guardeses coma visitantes, e que sen dúbida non deixará a ninguén indiferente.
Montserrat Magallanes indicou na presentación que A Guarda presenta deste xeito un verán no que se retoma a actividade cultural, de ocio e deportiva trala pandemia, froito dun amplo traballo de programación e organización que se pode ver xa reflexado na gran cantidade de eventos recollidos nesta Axenda de Verán 2022.
O Alcalde da Guarda convida a visitantes e guardeses a participar nesta programación da Axenda de Verán 2022, cunha variedade e calidade de eventos que fará de impulso para todo o tecido empresarial da vila, atraendo a moitas persoas e incentivando tamén a actividade comercial da vila da Guarda.
Dende o Concello da Guarda se fai un agradecemento público a todas as asociacións culturais e deportivas da vila, que co seu traballo enriquecen ao noso pobo e conseguen facer sorrir, desfrutar e pasar un rato agradable a todas as persoas que se achegan a participar con elas da cultura e do deporte na vil guardesa. Despois da pandemia precisamos recuperar o tempo perdido e voltar a desfrutar dos bos momentos, encher as nosas rúas de música, baile, cine e doutras expresións artísticas.
A programación de actividades arrancou na pasada fin de semana con A Guarda Diversa, A Guarda Mar de Blues e a XXX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, unha fin de semana intensa e chea de propostas na que non faltou a música, o ocio e a boa gastronomía.
A Axenda de Verán continúa nos meses de xullo, agosto e setembro con actividades coma os festivais de Baile Moderno de Xamaraina, a programación de actividades infantís de “Miúdo Verán” (todos os xoves), as Festas do Carme, Feira de Outlet do comercio local, o Encontro dos Pobos, eventos deportivos, a Festa do Peixe Espada, a Mostra Creativa, presentación de libros e exposicións, as Festas de San Cayetano, o Encontro do libro Luso-Galaico, a Festa do Percebe, concerto da Agrupación Musical da Guarda, as Festas da Virxe da Guía, as Festas das Mercedes ou a Mostra Asociativa
Especial mención nesta programación para as Festas do Monte, que terán lugar do 8 ao 15 de agosto, a semana grande de festas na Guarda, unha semana na que as noites de verbenas se compaxinan con diferentes actividades deportivas e culturais. Na xornada do sábado día 13 de agosto ás 11:30 horas ten lugar o Desfile Folclórico e De Bandas Mariñeiras, un desfile multitudinario previo ao día grande o Domingo do Monte, no que dende a mañá as Bandas Mariñeiras soben ata o cumio do Monte Santa Trega para realizar os seus xuramentos ao son dos bombos, tambores e gaitas. As festas rematarán na noite do Luns día 15 de agosto coa Gran tirada de fogos de artificio no Porto da Guarda.
EXPOSICIÓNS
A Guarda terá tamén unha importante exposición pictórica este verán que estará na Casa dos Alonso entre o 26 de xullo e o 13 de agosto, e na que se poderán observar e apreciar os traballos e pinturas da artista guardesa Chuny Alonso.
VISITAS GUIADAS AO CASTRO DE SANTA TREGA
Ao longo do verán e de martes a domingo ofértanse visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, unha oportunidade para coñecer o noso patrimonio con visitas que terán lugar ás 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00 horas.
Inscrición e información no enderezo electrónico masat@aguarda.es ou no teléfono 690 017 038.
PROGRAMA COMPLETO
- 30 DE XUÑO – 1 DE XULLO
A GUARDA DIVERSA
Na Praza do Reló - 1, 2 DE XULLO
FESTIVAL MAR DE BLUES
Na Praza do Reló - 1, 2, 3 DE XULLO
FESTA DA LANGOSTA
No porto da Guarda - 7 DE XULLO
CINE NA RÚA “EL PRINCIPITO”
Na Praza do Reló ás 22:30 horas. - 9 DE XULLO
CONCERTO HEREDEIROS DA CRUS (Musigal 2022)
No Porto da Guarda ás 22:30 horas. - 10 DE XULLO
FESTIVAL DE BAILE MODERNO “O GRAN SHOW”
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas
Organiza: A.C. Xamaraina - 14 DE XULLO
ESPECTÁCULO DE DANZA E HUMOR “SOFÁ”
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas. - 15, 16 DE XULLO
FESTAS DO CARME
No porto da Guarda
Organiza: Comisión de Festas do Carme - 21 DE XULLO
CINE NA RÚA “BELLA Y EL CIRCO MÁGICO”
Na Praza do Reló ás 22:30 horas. - 23 DE XULLO
FERIA OUTLET
Na praza de Avelino Vicente
Organiza: ACIGU - 23 DE XULLO
ENCONTRO DOS POBOS
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas
Organiza: A C. Do Lusco ó Fusco - 23 DE XULLO
II CARREIRA DE ORIENTACIÓN
inscricións www.xestanatureza.com - 28 DE XULLO
CONCERTO INFANTIL ‘ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO’
Na Praza do Reló ás 20:30h - 29, 30, 31 DE XULLO
FESTA DO PEIXE ESPADA
Nos restaurantes da Vila
Organiza: ORPAGU - 30 DE XULLO
MOSTRA CREATIVA DO BAIXO MIÑO
Na praza de Avelino Vicente - 30 DE XULLO
EVENTO DEPORTIVO DO CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO
No Campo de fútbol da Sangriña ás 20:30 horas
Organiza: Clube de Judo Baixo Miño. - 4 DE AGOSTO
ESPECTÁCULO DE CIRCO “CARMAN”
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas - 4 DE AGOSTO
PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOBRE LA CRIANZA”, de Jesús Rodríguez Salazar
No Centro Cultural ás 19:30 horas. - 4, 5, 6, 7 DE AGOSTO
FESTAS DE SAN CAYETANO
No Barrio da Cruzada
Organiza: Comisión de Festas de San Cayetano - 8 ó 15 DE AGOSTO
FESTAS DO MONTE
Na Alameda e rúas da vila
Organiza: A.V C.D. Alameda - 11 DE AGOSTO
‘GALICIA ILUSIONA’, ILUSIONISMO
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas - 19, 20 DE AGOSTO
III ENCONTRO DO LIBRO LUSO GALAICO
Na Praza do Reló - 20 DE AGOSTO
FERIA OUTLET
Na Praza de Avelino Vicente
Organiza: ACIGU - 20 DE AGOSTO
II TORNEO DE PETANCA CONCELLO DA GUARDA
No Campo do Codesal - 24 DE AGOSTO
CONCERTO MÚSICA NO AR
No atrio da Igrexa Parroquial ás 20:30 horas
Organiza: Deputación de Pontevedra - 23, 27 E 28 DE AGOSTO
FESTA DO PERCEBE
Na Alameda da Guarda
Organiza: A.C. Alameda - 26 DE AGOSTO
TEATRO CRÓNICAS DO PARAÍSO
Na Praza do Reló ás 21:30 horas. - 27 DE AGOSTO
CONCERTO DE VERÁN DA BANDA DE MÚSICA DA GUARDA
No Auditorio de San Benito ás 20:30 horas
Organiza: Agrupación Musical da Guarda - 28 DE AGOSTO
FESTIVAL DE BAILE MODERNO “REMEMBER”
No Auditorio de San Benito ás 20:00 horas
Organiza: A.C. Xamaraina - 28 DE AGOSTO
CARREIRA PEDESTRE VIRXE DA GUÍA
Na Praza da Guía ás 19:00 horas
Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía - 2, 3, 4 DE SETEMBRO
FESTAS VIRXE DA GUÍA
Na Praza da Guía
Organiza: Comisión de Festas Virxe da Guía - 3 DE SETEMBRO
PERFORMANCE FOCO, PROXECTOS ANTIBULOS
Na praza de Avelino Vicente às 12:00 horas.
Organiza: A. FOCO - DO 3 AO 25 DE SETEMBRO
FESTAS DAS MERCEDES A GÁNDARA
No barrio da Gándara
Organiza: A.V V. O Percamino - 10 DE SETEMBRO
MOSTRA ASOCIATIVA
Na Praza de Avelino Vicente a partir das 15:30 horas