Anni B Sweet súmase ao cartel das festas de San Roque e actuará o domingo 18 de agosto no parque da Xunqueira

8 Xullo 2024

  • Anni B Sweet, a compositora e músico malagueña que nos últimos anos tense convertido nunha das grandes revelacións do panorama musical español e mesmo internacional, súmase ao cartel de concertos confirmados para as festas de San Roque 2024
  • Anni B Sweet estará acompañada pola súa nova banda coa que se subirá ao escenario da Xunqueira o domingo 18 de agosto, ás 22:30 horas. Como vén sendo habitual, o espectáculo terá carácter gratuíto
  • Catro días antes, o 14, na Xunqueira estará tamén Guadi Galego

Ana Fabiola López Rodríguez, coñecida artisticamente como Anni B Sweet, debutou en Subterfuge no 2009 con “Start, Restart, Undo”, un disco de folk melancólico e delicado, sendo menor de idade. Rapidamente se colocou na primeira liña da música española e deu o salto internacional: o álbum foi publicado en 11 países, xirando por América, Europa e Asia. Con este disco conseguiu ser a máis nova creadora nomeada a Artista Revelación e Autor Revelación nos Premios da Música e, igualmente, foi galardoada co premio Guille á Mellor Artista Pop, entre moitos outros.

Tres anos despois chegou o “Oh! Monsters” co que deu un salto sónico, compositivo, arriscado e sincero. En 2015 publicou “Chasing Illusions”, onde imprimiu unha luminosidade vivificante e eléctrica ás súas novas cancións, que se movían entre o soul dos 60, a new wave dos 80 e a pegada rock dos 70 conseguindo cancións inesquecibles. Por fin, en 2019 Anni B Sweet sacou ao mercado “Universo por estrear”, o seu cuarto álbum e primeiro en español.

Este último será a base principal do concerto do 18 de agosto dentro da programación das festas de San Roque 2024, organizadas polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Un traballo composto integramente en castelán coa que a autora malagueña lanzouse ao pop perfecto de retrousos infecciosos con arranxos de electrónica retrofuturista e neopsicodelia. “Unha marabilla dunha nosas artistas máis internacionais”, ao dicir da crítica.

Ao longo da súa carreira, Anni B. Sweet ten realizado colaboracións con Sidonie, Coque Malla, Los Secretos, Lori Meyers ou Mikel Erentxun, por citar só algúns. No verán de 2014, a compositora malagueña protagonizou o spot dunha coñecida marca de cervexa xunto co cantante norteamericano John Legend.

A última colaboración data de 2022, cando se aliou con Los Estanques para compoñer un dos discos máis interesantes do panorama actual español: “Burbuja cómoda y elefante inesperado”.

Está pasando!