O cantante e compositor cordobés Antonio José actuará o 2 de marzo na XXV Festa do Lacón con Grelos de Cuntis

26 Febreiro 2024

O sábado 2 de marzo chega a Cuntis a xira ‘El Pacto’ do cantante e compositor cordobés Antonio José.

O concerto, que forma parte da programación da XXV Festa gastronómica do Lacón con Grelos, dará comezo ás 22:00 horas na Rúa Pedro Campos, nas inmediacións do Pavillón Municipal de Cuntis.

Ademais de presentar ‘El Pacto’, o seu último traballo discográfico, Antonio José repasará algunhas das composicións máis coñecidas dos seus máis de dez anos de carreira, nos que publicou oito álbums conseguindo ata 15 discos de ouro e 12 de platino.

Entradas á venda ao prezo de 20 euros a través da plataforma woutick.es



‘EL PACTO’

Antonio José lanza o seu novo traballo discográfico ‘El Pacto’, un disco no que quere mostrar toda a súa esencia, o que sente e a súa verdade, contando distintas historias que cada un de nós podemos vivir.

O título ten moito que ver con ese pacto que quere ter co seu público e mostrar que, pase o que pase, segue sendo fiel ás súas ideas e aos seus principios musicais e vitais. Aínda así, non deixa de investigar novos sons cos que sente cómodo, como no seu single ‘La Noche perfecta’.

Gravado entre Madrid, Sevilla e Miami, ‘El Pacto’ é unha viaxe de emocións de 10 cancións, que conta coa colaboración de dous grandes amigos do artista que quixeron sumarse a este novo proxecto. O primeiro, Miguel Poveda na canción ‘El plan’ e o segundo, o artista mexicano Kurt que participou en ‘Tengo’.


Está pasando!