António Zambujo | ©Kenton Thatcher

António Zambujo porá voz e melodía ao Día da Galiza Mártir en Pontevedra

16 Agosto 2021

Co gallo da celebración do Día da Galiza Mártir, en lembranza do asasinato de Alexandre Bóveda o 17 de agosto de 1936, António Zambujo ofrecerá un concerto na praza da Ferraría.

A cita musical será celebrada seguindo todos os protocolos sanitarios e de seguridade que marque a lexislación vixente no momento do concerto. Será de balde.

Nacido en Beja baixo o nome de António Zambujoéum, o portugués é hoxe un dos maiores artistas, autores e intérpretes da música portuguesa, amais dun dos seus maiores embaixadores do mundo.

Zambujo foi quen de incorporar ao seu estilo as influencias do cancioneiro brasileiro, en particular da Bossa Nova, logo de ser adestrado na tradición do cante alentejano e do fado, puntos dos que partiu para crear unha personalidade musical única e enigmática.

Coa capacidade de derribar fronteiras, reais e imaxinarias, achegou a nivel musical os dos lados do Atlántico, tal como queda demostrado na súa discografía, ecléctica e bela a partes iguais. O disco Até pensei que fosse minha do 2016 foi nomeado para o Grammy Latino como Mellor Disco de MPB.

Á Boa Vila chegará co seu último traballo baixo o brazo, António Zambujo Voz e Violão (2021), unha obra que recolle a esencia de todo o acontecido nestes dos últimos anos, incluíndo a fraxilidade humana e a urxencia de repensar no esencial.

Está pasando!