Apego presenta ‘Un pobo con historia de seu’ para achegar ás familias a historia de Galicia desde a Prehistoria ata o século XIX

25 Febreiro 2025

  • As xornadas, ideadas e guiadas por Polo Correo do Vento e Ab Origine, están pensadas para que as familias con crianzas a partir de 3 anos entren en contacto coa antropoloxía galega dunha maneira interxeracional e lúdica, ao tempo que se fomenta o uso da lingua entre as crianzas.
  • O prazo de inscrición está aberto a través da web apuntate.pontevedra.gal e, como vén sendo habitual, terán prioridade as familias adscritas ao programa.
  • Entre marzo e xuño visitaranse enclaves das parroquias de Cerponzóns, Lérez, Marcón, Salcedo e Tomeza para falar das cavernas, da chegada da agricultura, do tempo dos megálitos, dospetróglifos e da cultura castrexa.

A historia de Galicia desde a Prehistoria ata o século XIX é o fío condutor dunha serie de actividades familiares lúdico-formativas, ideadas e guiadas por Polo Correo do Vento e Ab Origine para o programa Apego.

Desenvolveranse ao longo do ano en distintas parroquias e localizacións do concello de Pontevedra, en lugares de doado acceso para as familias e que dean a coñecer o noso patrimonio.

Trátase de actividades de hora e media de duración que constan dunha pequena explicación didáctica sobre unha determinada etapa histórica, un obradoiro creativo no que se confeccionará un obxecto relacionado coa etapa que se traballe, un contacontos e un obradoiro de debuxo guiado, con acompañamento musical de Marcelo Dobode.

As xornadas están pensadas e adaptadas para que as familias con crianzas a partir de 3 anos entren en contacto coa antropoloxía e a historia da cultura propia dunha maneira interxeracional e lúdica, ao tempo que se fomenta o uso da lingua entre as crianzas.



Todas as actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente a través do formulario na web apuntate.pontevedra.gal porque as prazas son limitadas e terán prioridades as familias que forman parte do programa Apego. Se vives no concello de Pontevedra, tes crianzas de 0 a 6 anos (ou vas ter) e aínda non formas parte do programa Apego, visita o web e pide cita para sumarte.

A actividade terá continuidade en outono, co achegamento a Romanización, o Reino Suevo a Idade Media e Idade Moderna e o Rexurdimento, mais as actividades que terán lugar nos próximos meses e teñen inscrición aberta son as seguintes:

SÁBADO 15 DE MARZO

O Paleolítico: en tempos das cavernas, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode

Achegamento en familia á época paleolítica a través dunha sesión que inclúe: explicación didáctica, obradoiro creativo, contacontos, obradoiro de debuxo guiado e música en directo

De 11.30 a 13 h na eira da Casa do Pobo de Cerponzóns

SÁBADO 26 DE ABRIL

O Neolítico: a chegada da agricultura, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode

Achegamento en familia á época neolítica a través dunha sesión que inclúe: explicación didáctica, obradoiro creativo, contacontos, obradoiro de debuxo guiado e música en directo

De 11.30 h a 13 h no adro do Mosteiro de Lérez

SÁBADO 10 DE MAIO

A Idade dos Metais: o tempo dos megálitos, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode

Achegamento en familia ao megalitismo a través dunha sesión que inclúe: explicación didáctica, obradoiro creativo, contacontos, obradoiro de debuxo guiado e música en directo.

De 11.30 h a 13 h na área de lecer Chan da Parafita (Monte da Fracha)

SÁBADO 7 DE XUÑO

A Idade de Bronce: o mundo dos petróglifos, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode

Achegamento en familia ao mundo dos petróglifos a través dunha sesión que inclúe: explicación didáctica, obradoiro creativo, contacontos, obradoiro de debuxo guiado e música en directo

De 11.30 h a 13 h no parque da Casa Verde (Salcedo)

SÁBADO 21 DE XUÑO

A Idade do Ferro: a cultura castrexa, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode

Achegamento en familia á cultura castrexa a través dunha sesión que inclúe: explicación didáctica, obradoiro creativo, contacontos, obradoiro de debuxo guiado e música en directo.

De 11.30 h a 13 h no campo da festa da ermida de San Cibrán (Tomeza)

Está pasando!