Arbo rende homenaxe á Lamprea tamén no verán

6 Agosto 2024

Os días 9, 10 e 11 de agosto, Arbo volve vestirse de gala para homenaxear á Lamprea na súa variedade Seca, converténdose na Capital Mundial da Lamprea, produto que cautivou ao longo da historia padais tan selectos como os de Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Castro Viejo.

A Carballeira de Turbela, acollerá a XXIX edición da Festa da Lamprea Seca, declarada de Interese Turístico de Galicia, onde se poderá degustar a Lamprea Seca cociñada en distintas variedades: asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos viños das adegas de Arbo con D.O. Rías Baixas, mentres se goza dunha programación cultural variada apta para todos os públicos.

A primeira Festa da Lamprea Seca tivo lugar no ano 1996, sendo concelleiro de cultura o actual alcalde, Horacio Gil, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica, poñendo en valor estoutras formas de preparar a lamprea fóra de tempada, que permiten, desta maneira, degustala durante todo o ano.



Programa da XXIX Festa da Lamprea Seca de Arbo:

VENRES 9 DE AGOSTO

  • 21.00h. Apertura de postos de degustación na Carballeira de Turbela
  • 21.00h. Actuación do Dúo La Mecánica, na Carballeira de Turbela

SÁBADO 10 DE AGOSTO

  • 09.30h. Andaina popular. Saída e chegada dende Carballeira de Turbela. Inscripción no Concello de Arbo ou no e-mail oficinas.concellodearbo@gmail.com
  • 11.00h. Apertura de postos de degustación na Carballeira de Turbela
  • De 11.00 a 22.00h. Feira de Artesania e Antigüidades
  • De 12:00 a 19.00h. Visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”
  • De 13.00 a 15.30h. actuación do grupo Gaias, na Carballeira de Turbela
  • 22.30h. Concerto de Roi Casal, na Carballeira de Turbela

DOMINGO 11 DE AGOSTO

  • 10.00h. Festa da Bicicleta. Saída dende a Praza do Concello e chegada á Carballeira de Turbela. Inscrición no Concello de Arbo ou no e-mail oficinas.concellodearbo@gmail.com
  • 11.00h. Apertura de postos de degustación na Carballeira de Turbela
  • De 11.00 a 19.00h. Feira de Artesanía e Antigüidades
  • De 12.00 a 14.00h. Visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”
  • 12.00h. Pasarúas e actuación do grupo folclórico A.C. A Barca de Loimil, na Carballeira de Turbela
  • 13.30 a 15.30h: actuación do grupo O Son das Tabernas, na Carballeira de Turbela
  • 19.00h. Actuación do grupo Mel de Meiga

Está pasando!