As Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa festexan dez anos da mellor música tradicional

28 Xullo 2023

A Asociación Cultural Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, está a organizar, gracias a colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra e o Centro Comercial Arousa, varios festexos gratuítos co gaio do seu décimo aniversario:

  • Unha charla, impartida por Ana Nogareda de Na Ristra, sobre o “Traxe Tradicional Galego” o vindeiro 4 de agosto, ás 20:00 horas na Sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.
  • Un festival folclórico, adicado á “muller traballadora”, no que participarán grandes grupos como Trompos ós pés de Marín, Os Abrentes de Cercedo, Grupo de danzas folclóricas Amor Ruibal de Barro e A roda pequena de Meis e que terá lugar o 5 de agosto, ás 21:00 horas no Parque de A Xunqueira en Vilagarcía de Arousa (en caso de choiva, Auditorio Municipal).

Integrantes da Asociación Cultural Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa | Cedida

Esta asociación, formada actualmente por 14 integrantes, xuntouse inicialmente para divertirse cantando e tocando a pandeireta coa finalidade de difundir o noso folclore, principalmente as cantigas de taberna, pero veremos que hoxe en día poden deleitarnos ó compás dos pandeiros, das cunchas, dos peitoques e doutros instrumentos tradicionais.

Son mulleres inquedas, ás que lles gusta apurar e bailar nas súas pezas, de aí o seu nome, Bulideiras.


Está pasando!