As catas comentadas, o Túnel do Viño, a música e as noites gastronómicas centran o programa da Festa do Viño do Condado

17 Agosto 2023

Esta é a sexaxésimo cuarta edición da festa que se celebra os días 25, 26 e 27 e que terá actividades relacionadas co viño durante toda a semana


Os días 25, 26 e 27 de agosto Salvaterra de Miño celebra a LXIV Festa do Viño do Condado do Tea cunha programación que pon en valor os seus viños, a súa música e gastronomía.

A inauguración da festa terá lugar o venres 25 ás 20:00 horas no recinto da muralla pero as actividades comezarán esa mesma semana coas catas comentadas nas que as diferentes adegas participantes ofrecerán degustacións dos seus viños dende o 21 ata o 25 de agosto na Casa do Viño.

Este ano ademais volve o Túnel do Viño onde ó público poderá degustar tódolos viños da subzona do Condado do Tea cun prezo de só 15 euros. As inscricións para ambas actividades deberá realizarse a través do teléfono 617 148 866 ou ben no correo museocienciavino@concellodesalvaterra.org.

Salvaterra de Miño será o último fin de semana de agosto epicentro do viño Condado. Durante os tres días o público poderá catar os viños e ademais desfrutar da música amenizada no día coas charangas e cos diferentes grupos musicais nas noites gastronómicas.

Lucky Duckies e A Roda acturarán o venres 25, SondeSeu e Fanfarria Taquicardia o sábado e o peche da festa será o domingo cos grupos O Fiadeiro, La Sombra de Justine e La Patrulla.

Nesta edición o pregoeiro será o humorista, presentador e actor Roberto Vilar que dará lectura ó pregón ás 13:00 horas no recinto amurallado, será despois do acto que dará a coñecer ós viños deliciosos do ano e a actuación dos grupos folclóricos e bandas de gaitas de Salvaterra de Miño.


Está pasando!