As Festas da Peregrina entran na súa segunda fin de semana coa mesma forza coa que comezaron

18 Agosto 2022

Juancho Marqués ocupará o escenario da Praza do Concello como un dos máximos expoñentes estatais da nova escena urbana e hip-hop


Sen parada, as Festas da Peregrina entran no seu segundo fin de semana mantendo unha programación diversa, ideada para todos e todas. Así, este venres, 19 de agosto, será a quenda de Juancho Marqués no escenario da praza do Concello.

Marqués leva máis de 10 anos de carreira nos que demostrou ter un estilo inimitable, atrevéndose a explorar distintos sons, incluíndo a electrónica e o pop. A súa inconfundible música, de ton cálido e temática sentimental, xunto co feito de estar disposto a romper as barreiras do establecido no hip-hop español, logrou establecelo como referente do panorama urbano nacional, namentres as súas cancións acumulan millóns de reproducións nas plataformas dixitais.

Doutra banda, a praza da Ferraría servirá de marco incomparábel para Conductores Suicidas, unha banda tributo a Joaquín Sabina formada en Pontevedra que toma o nome do tema incluído no disco de 1992 do cantautor, Física y Química. Repasarán os éxitos máis coñecidos do de Úbeda cunhas interpretacións fieis e sobresalientes das cancións orixinais.


Está pasando!