Presentación das Festas do Carme 2025 | Concello de Marín

Marín presenta unhas Festas do Carme que combinan tradición, cultura, música e diversión para todas as idades

24 Xuño 2025

A alcaldesa María Ramallo e as concelleiras Marián Sanmartín, Mónica Viqueira e Itziar Álvarez presentaron as Festas do Carme e a programación dun verán 2025 cheo de música, tradición e diversión para todas as idades.

Os Saljariteir@s serán os pregoeiros deste ano, e as orquestras París de Noia, Olympus, Marbella e Capitol amenizarán as noites do Carme.

“As Festas do Carme de Marín consolidan así a súa aposta por unha programación para todos os públicos, que combina tradición e vangarda, música e cultura, facendo da vila un destino imprescindible este verán”, declarou a rexedora.

Cine, danza, artesanía, festas en Seixo, romarías, concertos como o de Carlos Núñez (31 de xullo na Finca de Briz), concerto homenaxe a Juan Pardo con Lys Pardo e Antonio Barros, o Marín Dance Festival, a IV Festa do Viño da IXP Ribeiras do Morrazo, actividades infantís, deportivas e moito máis.

A imaxe é obra da ilustradora galega Tamara Baz, unha auténtica homenaxe ao mar, ás súas xentes e aos seus oficios.

Consulta toda a programación en concellodemarin.es ou nas redes. Un verán para vivilo!

PROGRAMACIÓN DO VERÁN MARÍN 2025

 VENRES 27 DE XUÑO 

II FESTIVAL DE CINE DO MAR

  • 11:00h. Do Mar ao Prato: Showcooking: Chef Marcos Area, Restaurante É. Espazo Emprendedor Parque Azul.
  • 17:00h. Sección Mares da Fin do Mundo: Filmes premiados na VII edición. Biblioteca.
  • 19:10h. Sección Oficial. Biblioteca.
  • 22:30h. Sesión Golfa: Sección Fronteiras no Mar.

XVIII CONCENTRACIÓN MOTEIRA VILA DE MARÍN

  • 18:00h. Inscricións. Dj Rubén Díaz.

 SÁBADO 28 DE XUÑO 

II FESTIVAL DE CINE DO MAR

  • 09:00h. Visita á Illa de Tambo (inscrición previa).
  • 19:30h. Clausura: Entrega de Premios. Biblioteca.
  • 22:00h. Cine na Rúa: O Corno (Jaione Camborda). Parque Azul.

XVIII CONCENTRACIÓN MOTEIRA VILA DE MARÍN

  • 12:00h. Inscricións.
  • 18:30h. Stunt a cargo de Edu Rodríguez. Toro mecánico e inchables.
  • 23:30h. Ruta nocturna con antorchas. Dj Rubén Díaz & Dj Affa.

 DOMINGO 29 DE XUÑO 

II FESTIVAL DE CINE DO MAR

  • 10:00h. Xuntanza Mariñeira: Xornada de Embarcacións tradicionais. Dársena Paseo Alcalde Blanco.

 VENRES 4 DE XULLO 

Mostra de ARTESANÍA (Ata o 10 de xullo). Alameda

19:00h. Charanga JALÁCTICOS. Actuación fin da campaña Semana Estrela de comercio local da Asociación Estrela de Marín. Rúas de Marín.

 SÁBADO 5 DE XULLO 

Todo o día. 5º Torneo de Petanca. Organiza A.C.D Gharaboto. Parque da Bda. Virxe do Carme.

 DOMINGO 6 DE XULLO 

Toda a mañá. 5º Torneo de Petanca. Organiza: A.C.D Gharaboto. Parque da Bda. Virxe do Carme.

21:00h. Musical “Camiñantes e Cantantes” con La Oca Band, Pili Pampín, Pepo Suevos e Laura Añón. Alameda.

 XOVES 10 DE XULLO 

FESTAS DO CARME

  • 10:30h. Pasarrúas CANTAREIRAS E GAITEIRO MODERNO. Praza de Abastos.
  • 19:00h. Inicio das atraccións de feira.
  • 21:30h. Concerto da BANDA DE MÚSICA DE MARÍN. Alameda.
  • 22:30h. BATALLA DE FLORES NOCTURNA, con animación e as batucadas AXE BAHÍA, REBUMBIO e MARACUMBÉ. Av. Ourense, Praza España, Almuíña, J. Janer, C. Arenal.

 VENRES 11 DE XULLO 

FESTAS DO CARME

  • 20:00h. Inauguración IV Festa do Viño da IXP RIBEIRASDO MORRAZO. Alameda.
  • 20:30h. Charanga NOROESTE. Rúas de Marín.
  • 21:30h. Lectura do PREGÓN a cargo d@s SALJARITEIR@S. Alameda.
  • 22:15h. Actuación musical Xuntos pola música con Lys Pardo e Antonio Barros dando vida ao repertorio de Juan Pardo. Alameda.
  • 00:00h. Orquestra ORIGEN.

 SÁBADO 12 DE XULLO 

FESTAS DO CARME

  • 11:00-15:00h – 20:00-00:00h. IV Festa do Viño da IXP RIBEIRAS DO MORRAZO. Alameda.
  • 12:00h. Misa na honra de SAN CRISTOVO, acompañada por CHANEIROS. Igrexa Santa María do Porto. Ao remate, bendición na entrada do Concello.
  • 12.30h. Pasarrúas TROMPOS OS PES. Rúas de Marín.
  • 21:00h. XXVIII Festival Folclórico Internacional de Baile Airiños de San Xulián. Alameda. Participa: Grupo de Baile Airiños de San Xulián (Marín), Rancho Folclórico de Vilaverde (Portugal) e La Peña Huertana “El Cemelín” (Murcia).
  • 23:30h. MARÍN DANCE FESTIVAL. Parque Eguren. Artistas: Rober Morr, Pawly, Dumore e Pitty.

 DOMINGO 13 DE XULLO 

FESTAS DO CARME

  • 11:00-15:00h – 20:00-00:00h. IV Festa do Viño da IXP RIBEIRAS DO MORRAZO. Alameda.
  • 12:30h. Pasarrúas MÁIS CANTOS. Rúas de Marín.
  • 20:00h. Pasarrúas GRUPO CARBALLIDO. Alameda.
  • 21:00h. Espectáculo de Maxia Infantil “Que curioso!” co MAGO NOEL. Alameda.
  • 23:00h. Orquestra PARÍS DE NOIA. Praza de España.

 LUNS 14 DE XULLO 

FESTAS DO CARME

  • Mostra de ARTESANÍA (Ata o 20 de xullo). Alameda.
  • 20:30h. Pasarrúas OS DE MARÍN. Rúas de Marín.
  • 21:00h. Espectáculo Infantil “A cabeza do dragón” con CACHIRULO TÍTERES. Alameda.
  • 23:00h. Orquestra OLYMPUS. Praza de España.

 MARTES 15 DE XULLO 

FESTAS DO CARME

  • 20:30h. Charanga JALÁCTICOS. Rúas de Marín.
  • 21:30h. Espectáculo infantil “Burbullas Máxicas” con POMPER. Alameda.
  • 21:30h. Misa e Procesión das Antorchas en Seixo acompañados do Grupo CARBALLIDO.
  • 23:00h. Concerto CAMELA. Parque Eguren.
  • 00:00h. Orquestra CAPITOL. Praza de España.
  • 12:00h. Pasarrúas POUSOS DE AREA. Rúas de Marín.

 MÉRCORES 16 DE XULLO 

FESTAS DO CARME

  • 10:00h. Entrega de Reais Despachos na Escola Naval Militar.
  • 10:30h. Pasarrúas da Banda de Música Cultural de Arcade e ás 11:30h, ofrenda floral ás xentes do mar no Porto de Aguete. Despois, procesión ata a Igrexa de Seixo e misa ás 13:00h.
  • 11:30h. Pasarrúas PICUÍÑA. Rúas de Marín.
  • 12:00h. Misa na honra da Virxe do Carme coa Coral Lembranzas. Igrexa Sta María do Porto.
  • 13.00h. Pasarrúas AIRIÑOS DE SAN XULIÁN. Rúas de Marín.
  • 18:30h. Ofrenda floral á Virxe do Carme. Saída do Concello.
  • 19:00h. Procesión marítimo-terrestre da Virxe do Carme cos Chaneiros e Banda de Música de Marín.
  • 21:00h. Espectáculo de Maxia Infantil “HOCUS POCUS” co MAGO PACO. Alameda.
  • 23:00h. Orquestra MARBELLA. Praza de España.
  • 00:00h. Gran tirada de fogos de artificio. Paseo Alcalde Blanco.

 XOVES 17 DE XULLO 

FESTAS DO CARME

  • Día do Neno

FESTAS DE SEIXO

  • 12:00h. Actividade Infantil de Sombras Chinescas e Maxia de Ian e Elisa. Organiza: ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo.

 VENRES 18 DE XULLO 

II EDICIÓN DE ABANEA DANZA

  • 18:00h. Actividades de danza e clown. Praia de Portocelo.
  • 21:00h. Espectáculos de danza contemporánea. Alameda: Honest, de Kiko López; Seda, de María de Vicente; Todo ese ruído, de Quabalum (Diego Pazó e Lucía Burguete)

FESTAS DE SEIXO

  • 23:00h. DJ Rubén. Nova Praza do Mercado de Seixo.

 SÁBADO 19 DE XULLO 

FESTAS DE SEIXO

  • 10:30h. 5º Torneo Tiro de Chave. Organiza: A.C.D Gharaboto. Campo de fútbol de Seixo.
  • 21:00h. Concerto da Banda de Música de Marín. Nova Praza do Mercado de Seixo
  • 22:30h. Orquestra LA OLA ADN. Alameda de Seixo.

 DOMINGO 20 DE XULLO 

FESTAS DE SEIXO

  • 11:00h. Torneo de Billarda. Organiza: A.C.D Gharaboto. Campo de fútbol de Seixo.
  • 21:00h. Cantos de Taberna SALJARITEIR@S. Organiza: ACEMAS. Nova Praza do Mercado de Seixo.

 VENRES 25 DE XULLO 

DÍA DE GALICIA

  • Romaría de TROMPOS OS PES. Alameda.
  • 12:00h. Acto Institucional do Día de Galicia.

 SÁBADO 26 DE XULLO 

CARREIRA +10. Avenida de Ourense.

21:00h. MÚSICA NOS SENTIDOS, co grupo folclórico de Contradanza de Logroño, a Banda de Música de Marín e Trompos Os Pes. Finca de Briz.

 DOMINGO 27 DE XULLO 

FEIRA DO LAGO CASTIÑEIRAS. Todo o día.

 XOVES 31 DE XULLO 

21:00h. Concerto CARLOS NÚÑEZ (concerto de pago). Finca de Briz.

 DO VENRES 1 AO DOMING0 8 DE AGOSTO 

SON DE MARÍN. Rúas e prazas de Marín.

STOCK MARÍN. Organiza: Estrela de Marín. Alameda.

 VENRES 8 DE AGOSTO 

OPERACIÓN KILO. Alameda.

 SÁBADO 9 DE AGOSTO 

21:30h. XIX Certame de Bandas de Gaitas Virxe do Carme. Participan: Banda de Gaitas “Airiños de San Xulián” (Marín), Banda de Gaitas “Arume de Malvas” (Tui) e Banda de Gaitas “Os Castros de Ames” (Ames).

 SÁBADO 9 E DOMINGO 10 DE AGOSTO 

RAPA DAS BESTAS. Monte Gagán.

 XOVES 14 DE AGOSTO 

CONCERTO de 369 vs GFR. Alameda.

 VENRES 15 E SÁBADO 16 DE AGOSTO 

FESTA CORSARIA

 VENRES 22 DE AGOSTO 

XXIV FESTA DA CABALA (CHIRLEU). Porto de Aguete.

 SÁBADO 23 DE AGOSTO 

MACM – MOSTRA DO AUDIOVIDUAL E CINEMA DE MARÍN.

FESTAS DE LOIRA e GRAN TIRADA DE FOGOS.

 SÁBADO 30 DE AGOSTO 

III GALA DE VERÁN DO BALLET DE GALICIA. Alameda.

 DOMINGO 7 DE SETEMBRO 

FESTAS DA VIRXE DO PORTO

  • 13:00h. IV Xornada de homenaxe ás mulleres e homes do Mar. Museo do Mar.
  • 19:00h. Memorial Antonio Fernández dos Chaneiros. Alameda.
  • 22:00h. Actuación musical LOS COLEGUITAS. Alameda.

 LUNS 8 DE SETEMBRO 

FESTAS DA VIRXE DO PORTO

  • 12:00h. Misa e procesión, coa Coral Lembranzas, Airiños de San Xulián e a Banda da Escola Naval Militar.
  • 19:00h. Espectáculo musical POP ROCK SYMPHONY FUSION. Alameda.

 DO VENRES 12 AO DOMINGO 14 DE SETEMBRO 

VI FESTA DA EXALTACIÓN DO PEIXE DA RAIA. Organiza: Asociación Botón de Ancla.

 SÁBADO 13 DE SETEMBRO 

PREMIOS FACENDO HISTORIA. Salón de Plenos do Concello.

 SÁBADO 27 DE SETEMBRO 

SAN MIGHELEIRO

 DOMINGO 28 DE SETEMBRO 

XVII ENCONTRO DE LABORES BOLYMAR. Pavillón IES Illa de Tambo.

 DOMINGO 5 DE OUTUBRO 

DANZA DE ESPADAS DE SAN MIGUEL


Está pasando!