As Matinés do Principal regresan no 2022 sen perder un ápice da súa esencia: a mellor música ao vivo para compartir en familia e en horario matutino

13 Setembro 2022

Un ciclo para todos os públicos fóra dos tópicos do formato habitual das programacións matinais, dirixidas principalmente a unha audiencia familiar, fomentando desta maneira novos horarios de consumo cultural e apoiando á actividade diúrna nos locais da cidade. Un proxecto que aposta por integrarse na vida da nosa cidade ofertanto renovados hábitos de consumo cultural e de ocio.

Todos os concertos programados comezarán ás 12.30 do mediodía, un horario accesible para un público cada vez máis numeroso, que reclama unha oferta de ocio diurna con personalidade e de calidade.

Nesta edición, o Ciclo As Matinés do Principal ofrecerá a oportunidade de escoitar e ver no Teatro Principal de Pontevedra artistas como Maria Arnal i Marcel Bagés, ou A Pedreira.

CONCERTOS AS MATINÉS 2022:

  • 08/10/22: María Arnal i Marcel Bagés
  • 29/10/22: A Pedreira

ENTRADAS:

  • Abono Ciclo As Matinés: 30€ + g.g. (Menores 12 anos 50%)
  • María Arnal i Marcel Bagés: entradas desde 16€ +g.g. (Menores 12 anos 50%)
  • A Pedreira: entradas desde 14€ +g.g. (Menores 12 anos 50%)
  • Venda anticipada en Ataquilla.com
  • Billeteira do Teatro Principal aberta os días de concerto desde 2 horas antes
Está pasando!