O Cineclub Val Miñor Alice Guy proxectará as mellores curtas internacionais FICBUEU 2020

12 Maio 2021

O xoves 13 de maio ás 20:00 h. no Auditorio do Concello de Nigrán, o Cineclub Val Miñor Alice Guy proxectará unha selección das mellores curtas do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu 2020 (FICBUEU).

Entrada de balde. Aforo reducido.


THE PRESENT (O REGALO)

Farah Nabulsi | Palestina | 2020 | 25′

Sinopse: No seu aniversario de boda, Yusef e a súa filla van a Cisxordania a mercar un regalo á súa muller. Entre soldados, rúas segregadas e postos de control, non será sinxelo irse de compras.


OLLA (OLLA)

Ariane Labed | Francia | 2019 | 27′

Sinopse: Olla contesta a un anuncio nunha páxina web de citas para mulleres de europa do este. Múdase con Piere, que vive coa súa nai, pero nada vai como esperaba.


THE MANILA LOVER (O AMANTE DE MANILA)

Johanna Pyykkö | Noruega-Filipinas | 2019 | 26′

Sinopse: Durante unha viaxe a Filipinas, Lars, un noruego de mediana idade, coñece a Abigail, a Muller filipina coa que quiere compartir a púa vida, pero nada vai saír como el pensaba.


FLEUR DE PAVOT (FLOR DE PAPOULA  / NIGHT FACTORY)

Baer Xiao | Francia-China | 2019 | 20′

Sinópse: Nunha cidade dormitorio en China, Lu Han aprende que ten que mudarse a Xangai. Só ten algúns días para despedirse de Tian Xi, a moza da súa clase de baile, con quen non se atreve a charlar.


SKIN (PEL)

Guy Nattiv | Estados Unidos | 2018 | 20′

Sinópse: Tyree, de oito anos, é fillo único dunha parella de neonazis que se verán involucrados nun axuste de contas causado polo odio do pai.


Está pasando!