Presentacion de ‘As Mulleres que opinan’ | © Deputación de Pontevedra

‘As mulleres que opinan son perigosas’ volve á presencialidade da man de 18 xornalistas na ‘Edición do reencontro’

1 Xuño 2022

A volta á presencialidade do foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’ será os días 10 e 11 de xuño no Edificio Castelao Museo de Pontevedra. Esta quinta edición do encontro, financiado pola a Deputación e o Concello de Pontevedra, retransmitirase tamén en streaming e contará coa presenza de 18 mulleres xornalistas converténdose así na edición con maior número de convidadas.

O público poderá intercambiar impresións con elas nun punto de encontro que se situará no hall do edificio. O destacado elenco de relatoras do xornalismo español e galego está integrado por Mercedes Milá, Mamen Mendizábal, Ana Pardo de Vera, Paloma del Río, Joana Bonet, Margaryta Yakovenko, María Varela, Inma López Silva, Diana López, Ángeles Caballero, Marta García Aller, Fernanda Tabarés, Almudena Sánchez, Luz Sánchez Mellado, Estefanía Molina, Carolina Sertal, Marta Otero e María Piñeiro.

Aconséllase inscribirse de xeito previo para que todas as persoas que desexen acudir ao foro teñan garantida a súa praza. As inscricións poden realizarse aquí. Tódalas persoas que realicen a súa inscrición recibirán como agasallo o libro ‘Mulleres que opinan. Catro anos e unha pandemia’, que está a suscitar un gran interese.


Presentacion de ‘As Mulleres que opinan’ | © Deputación de Pontevedra

Venres 10 de xuño de 2022, desde as 11:00 ata as 19:00 h, e sábado 11 de xuño de 2022, desde as 12:00 ata as 19:00 h.

Edificio Castelao, Museo de Pontevedra.

Xornada presencial, retransmitida en directo vía streaming.

O encontro conta con servizos de interpretación en lingua de signos.


PROGRAMA

Venres 10 de xuño de 2022

Horario de mañá

  • 11:00 h. Inauguración coa presidenta da Deputación e co alcalde de Pontevedra
  • 11:30 h. Perspectiva de xénero no xornalismo local. Carolina Sertal, xornalista en Faro de Vigo
  • 12:15 h. 4 anos e 1 pandemia. “María Varela, Inma L. Silva e Diana López Varela
  • 13:00 h. Sen tabús e con proximidade: falemos de depresión e enfermidade mental. Almudena Sánchez, xornalista e escritora, autora de Fármaco
  • 13:45 h. Deporte feminino e olimpismo: a voz dunha pioneira. Paloma del Río, xornalista deportiva en RTVE

Horario de tarde

  • 17:15 h. Actualidade e análise política: éxitos, frustracións e expectativas. Estefanía Molina, xornalista e politóloga. Columnista en El País, analista en La Sexta, SER, TVE-24h e TV3
  • 18:00 h. Arte, moda, feminismo e cultura: unha escritora de revista. Joana Bonet, xornalista e escritora. Opinión en La Vanguardia
  • 18:45 h. Pausa/Descanso
  • 19:00 h. Un encontro moi esperado. Mamen Mendizábal, xornalista e presentadora de televisión. Presenta Ángeles Caballero

Sábado 11 de xuño de 2022

Horario de mañá

  • 12:00 h. Opinión local e de provincias. Non hai fronteiras. Marta Otero, xornalista en La Opinión da Coruña e María Piñeiro, xornalista en El Progreso e no Diario de Pontevedra
  • 12:45 h. Desencaixada: nacer en Ucraína, ser migrante e xornalista en España. Margaryta Yakovenko, escritora e xornalista en El País
  • 13:30 h. Ver, oír e non calar. Ángeles Caballero, xornalista. Opinión en El Confidencial, La Sexta e Onda Cero

Horario de tarde

  • 17:00 h. 4 anos e 1 pandemia. Marta García Aller, Fernanda Tabarés e Ana Pardo de Vera
  • 18:00 h. Columnas e entrevistas: opinión con mirada propia. Luz Sánchez Mellado, xornalista en El País
  • 18:45 h. Pausa/Descanso
  • 19:00 h. Mila vs. Milá. Sen complexos nin etiquetas desde 1974. Mercedes Milá, xornalista e presentadora de televisión

Está pasando!