As principais marcas de cervexa artesá de Galicia, unidas a dúas de Madrid e outra do Bierzo, volven a protagonizar unha nova edición do Val Miñor Fest

10 Agosto 2021

Os días 12, 13, 14 e 15 de agosto, en horario de 12:00 a 01:00 horas, a cervexa artesá e os food trucks estarán no Parque da Ramallosa de Nigrán, con concertos, xogos populares, obradoiros…

As principais marcas de cervexa artesana de Galicia, unidas a dúas de Madrid e outra do Bierzo, volven a protagonizar a quinta edición do Val Miñor Fest, o primeiro festival da comarca adicado á súa degustación e na que estará presente a cervexa creada o ano pasado pola empresa local Trisk-Ale Cervezas baixo o nome ‘Nigrán, equilibrio natural’ (como novidade, esta marca local presenta unha cervexa IPA sen glute).

A quinta edición do Valmiñor Fest contará cun estrito protocolo, entrada e saída diferenciadas, aforo limitado, xel desinfectante e control de temperatura na entrada, espazo amplo ao aire libre e mesas distanciadas para que os asistentes estén sentados.


Está pasando!