As súas Maxestades de Oriente chegan á Guarda este xoves, con percorrido polas parroquias, no casco urbano e recepción na Casa dos Alonso

5 Xaneiro 2023

O Concello da Guarda remata esta semana a programación de actividades do nadal coa visita dos Reis Magos, a Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do xoves día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.

Sobre as 16:30 horas da tarde, as Súas Maxestades de Oriente sairán en caravana para visitar as diferentes parroquias e os barrios da vila, coma O Castro, A Gándara, O Coruto, Saa, Camposancos, etc.

Ás 18:00 horas será a Cabalgata de Reis Magos, que sairá dende a Alameda da Guarda para facer o tradicional desfile pola Rúa Galicia ata a Praza do Reló, onde realizarase unha recepción na Casa dos Alonso sobre as 19:00h. En caso de choiva a recepción realizarase no Pavillón Municipal da Sangriña.

A proba de obstáculos en familia ‘A Guarda Family Kids’, finalmente non se vai a celebrar este sábado como estaba previsto inicialmente debido á previsión meteorolóxica desfavorable e será trasladada ao vindeiro 4 de febreiro ás 17:00 horas.

Do mesmo xeito a Carreira San Silvestre tamén vai ser aprazada á seguinte fin de semana debido a situación meteorolóxica desfavorable, nunha data que será anunciada nos vindeiros días.


Está pasando!