Baiona celebra esta fin de semana o seu Entroido adiantado

9 Febreiro 2023

  • O Concello de Baiona adianta unha semana a celebración do Entroido
  • Aínda que a data oficial será a última fin de semana de febreiro, desde a Concellería de Cultura decidiuse adiantalo sete días para que a súa celebración non estea tan próxima á festa máis popular da vila, a Arribada, que este ano se celebrará o 3, 4 e 5 de marzo, e que tamén encherá de fantasía, neste caso medieval, as rúas da localidade

O Concello de Baiona gozará esta fin de semana do celebración adiantada do Entroido. O consistorio e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Baiona (ACEBA) complementan esta celebración con distintas actividades durante estos días.

De este xeito, o venres 10 de febreiro a partir das 20:00 horas as rúas do Vila encheránse de ritmo coa música da charanga “Imperiais”.

O sábado 11 quetaránse motores pola mañá coa actuación a partir das 12:00 e ata as 15:00 horas da charanga “Va K Pinta”. O concurso de comparsas de Entroido terá saída ás 17:00 horas desde a Avenida Urbana de Sabarís e percorrerán as rúas Santa Marta, Monterreal e Elduayen para terminar no Paseo Ribeira. Tras o desfile, terá lugar o tracional enterro da sardiña.  Pola noite, entre as 22:00 e as 00:00 horas, a charanga “Nova Cubana” ambientará as rúas do Casco Vello de Baiona.

A música volverá encher de ritmo a localidade o domingo 12 de mañá entre as 12:00 e as 15:00 horas coa a charanga “Os Jaláticos”.


Está pasando!