Grande Amore | © Aigi Boga

Grande Amore prende a mecha con ‘Ben Sabe Dios Que O Intentei’, un berro desesperado por saír do pozo, un tema que consegue traer luz e facernos bailar

8 Setembro 2023

‘Ben Sabe Dios Que O Intentei’ é un agasallo. ‘Ben Sabe Dios Que O Intentei’ é o último adianto de Grande Amore antes da inminente publicación de ‘II’, o seu segundo disco. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é un himno que por fin pode gozarse en plataformas


Grande Amore prende a mecha e inicia a conta atrás. ‘II’ verá a luz a próxima semana, pero antes, quenta motores cun tema icónico que xa se consagrou como tal nos directos. ‘Ben Sabe Dios Que O Intentei’ é ese amigo dándoche a man para axudarche a remontar setembro, para acompañarte transitando a vida.

E é que Grande Amore, o proxecto desenvolvido por Nuno Pico xunto a Clara Redondo e mariagrep, deu coa tecla. ‘Ben Sabe Dios Que O Intentei’ é un berro desesperado por saír do pozo, un tema que consegue traer luz e facernos bailar. Directo, duro, intenso. Cunha base electrizante capaz de levarnos ata o máis alto e soltarnos desde alí; a adrenalina dun salto ao baleiro. Unha mestura que, con todo, non nos deixa caer, pois nos recolle antes de tocar o chan e convídanos a saltar de novo.



ESCOITA ‘BEN SABE DIOS QUE O INTENTEI’


‘Ben Sabe Dios Que O Intentei’ está producida por Carlangas. As voces foron gravadas por Raúl Pérez na Mina; tamén el correu a cargo da mestura. O máster foi realizado por Cem Oral en Jammin’ Masters.

Grande Amore leva meses interpretando ‘Ben Sabe Dios Que O Intentei’ nos concertos e o público tolea ao berro de «Eu non son deste mundo»; ten unha forza incontible, contaxiosa. ‘Ben Sabe Dios Que O Intentei’ chega tras os adiantos ‘Pelea’, ‘Do meu corpo van nacer outros corpos’ e ‘Onde ela me quer levar’; todos eles, temas que confirman que ‘II’ será un disco imparable.

Grande Amore lo va a reventar todo. Imperdible.


Grande Amore | © Aigi Boga
Está pasando!