Conjunto Amistá Animal Brain | © Animal Brain

Bo comezo para ‘Animal Brain’, un evento solidario a favor dos animais

4 Outubro 2022

  • O pasado martes 20 de setembro, algúns dos artistas galegos e galegas máis recoñecidas xuntáronse para recadar fondos para os animais e concienciar contra o abandono e malos tratos animal
  • Entre a venda de entradas para o concerto e as doazóns chegáronse a recadar ata 959 euros, que se destinaron ao Refuxio de Cambados

O martes 20 de setembro, no Náutico de San Vicente do Mar celebrouse unha xornada de sensibilidade e solidariedade con ‘Animal Brain’, un evento solidario. Coa participación de artistas do nivel de Ortiga, High Paw, Grande Amore, Nastasia Zúrcher, Mundo Prestixio ou Boyanka Kostova, entre outros, levaron a cabo un “ao vivo” colaborativo cunha finalidade: sensibilizar coa adopción e atopar un verdadeiro fogar para aqueles animais que esperan unha oportunidade.

O evento durou algo máis de dúas horas e o público asistente bailou e gozou de todo o que levou a cabo. Entre o importe recadado na venda de entradas e as doazóns que levaron a cabo a través de PayPal recadouse un total de 959 euros e que foi destionado ao Refuxio de Cambados, unha acción que é posible coa axuda e colaboración de ACADOG (Asociación Canina do Grove). Un bo comezo para un evento cunha boa finalidade.

O evento levou o selo do Náutico de San Vicente e Brain Streaming, coa colaboración de ACADOG e, por suposto grazas á axuda e impulso de Kiwi Atlántico e Pan do Mar que, ademais ofreceron parte da gama dos seus produtos para que o público degustase mentres gozaron do evento.


Está pasando!