‘Cabos Soltos’ continúa naturalizando a música na cidade de Pontevedra cunha programación especial para as vindeiras fins de semana

30 Marzo 2022

‘Cabos Soltos’ continúa funcionando en Pontevedra como un dos programas municipais máis activos no eido cultural e de ocio. Un sistema de programación mediante o cal poden ser celebrados concertos, monólogos, mostras e outras citas de relevancia cultural dentro dos establecementos pontevedreses, na procura dunha rede de actividade dinámica e activa da que gozar ao longo de todo o ano e todos os días.

Nesta ocasión, o Concello de Pontevedra promove directamente varios concertos ao longo das próximas fins de semana que están por chegar, xerando un programa de seu que é complementado cos concertos que outros establecementos xa tiñan axendados e que en conxunto prometen dar unhas xornadas de ocio diverso e diferente.

A relación de datas e concertos é a seguinte:

Venres 01/04/22

  • LA POMADA – 21:30 h – GENERACIÓN PERDIDA

Sábado 02/04/22

  •  BLACKBIRD – 22:15 h – HELENA EGEA

Domingo 03/04/22

  • O MERCADO – 13:00 h – GUATEQUE BIG BAND

Sábado 09/04/22

  • PRAZA CELSO GARCÍA DE LA RIEGA – 13:00 h – RUSTY JAMES & FRINGE
  • O PAVERO – 17:00 h – LOS TONIDUST
  • CHESTER – 20:30 h – LA MOSCA VALIENTE

Alén destas citas e actuacións, promovidas de xeito directo polo Concello, cómpre engadir as propostas que de xeito habitual son programadas polos establecementos da cidade e que poden ser consultadas na páxina oficial de ‘Cabos Soltos’ xunto co seu calendario, punto de encontro referente para coñecer as actividades deste programa.


Está pasando!