Cabos Soltos prevé dúas xornadas de actividade cultural intensa e sen parada os vindeiros 28 e 29 de abril

10 Abril 2023

O Concello de Pontevedra fai un novo chamamento a artistas e establecementos de hostalaría para que se inscriban no programa municipal e poidan programa actividades culturais (concertos, recitais, monólogos, mostras plásticas…)


Cabos Soltos segue sendo o paraugas municipal que permite a establecementos e artistas programar actuacións decotío na cidade de Pontevedra. Nacido co obxectivo de promover a
cultura emerxente da cidade e a fortalecer o tecido económico local, entre o 28 e o 29 de abril o Concello de Pontevedra programará dúas xornadas de actividade intensísima na que se espera contar con até 90 artistas distintos.

«Entendemos que a hostalería é un sector clave na dinamización local así como na xeración de emprego. É un feito que algúns locais levan tempo promovendo actuacións en directo de bandas de pequeno formato, así como a difusión das creacións de artistas plásticos, poetas… sendo unha plataforma imprescindíbel para a cultura de base», explica a edil Anabel «Sen esquecermos da oferta de grandes eventos, que, sen dúbida, tamén contribúen á economía galega e á difusión da cultura en diferentes formatos expansivos, dende o Concello cremos que é necesario acompañar esta liña de acción cun esforzo por garantir que as pequenas salas e establecementos poidan seguir programando».

Así, vólvese un facer un chamamento aberto de cara ao 28 e 29 de abril para que os locais hostaleiros da cidade se anoten no programa perante a posibilidade de acoller algunha das actuacións previstas. O chamamento tamén se estende a artistas, xa que a base de datos de Cabos Soltos conta este ano con 90 prazas. O único requisito para a inscrición é ter a residencia física en Pontevedra, podendo presentala a través de cabossoltos23@gmail.com.

Dentro desta programación especial prevista dentro de Cabos Soltos para o último fin de semana de abril, tamén serán realizadas as III Xornadas sobre a industria musical e que incluirán unha serie de obradoiros para abordar desde diferentes eixos e temáticas unha das áreas culturais máis importantes e populares da sociedade.

Está pasando!