Carlos Núñez volve a Salvaterra de Miño coa xira ‘Lugares Máxicos’

26 Xuño 2024

Tras o éxito do pasado ano nun concerto que congregou a preto de mil persoas o músico regresa para presentar o seu novo traballo ‘Celtic Sea’


Salvaterra de Miño será parada un ano máis da xira ‘Lugares Máxicos’ de Carlos Núñez. No verán de 2023 o músico galego elixiu o recinto amurallado como escenario para un concerto que deixou sen palabras ás preto de mil persoas que alí se deron cita.

Este 2024 Carlos Núñez quen acadou un Premio Grammy, actuou no Carnegie Hall de Nueva York e no Royal Albert Hall de Londres con artistas como Bob Dylan, Joni Mitchel, The Who ou Lou Reed entre outros; regresa nun concerto único que será o inicio do Verán Cultural 2024 de Salvaterra de Miño.

O artista presenta dentro da xira ‘Lugares Máxicos’ o seu último traballo ‘Celtic Sea’ e Salvaterra de Miño será testemuña deste concerto que será cita ineludible do verán.

As entradas para o concerto que se celebrará o 27 de xullo en Salvaterra de Miño, xa están a venda a través da páxina web www.carlos-nunez.com


Está pasando!