Carlos Sadness chega esta fin de semana a Vigo da man de Momentos Alhambra Acustiquísimos

13 Novembro 2024

  • Este sábado, 16 de novembro, ás 21.30h, no Hall do Teatro Afundación, o artista barcelonés abrirá a sétima edición do ciclo de directos en acústico en espazos singulares de Galicia, organizado por Art Music co patrocinio de Cervexas Alhambra
  • Sadness presentará os temas de ‘Realismo Mágico’, o seu novo álbum de estudo, con himnos que profundan en conceptos como a bondade, a tenrura ou a empatía, sempre marcados por esa esencia festivalera que lle caracteriza, e que en Vigo estarán aderezados polas tapas de autor do chef Cristiam Saldarriaga, do Restaurante Niño Corvo
  • Momentos Alhambra Acustiquísimos 2024 colgou o cartel de ‘sold out’ nos catro directos que achega ao público galego este novembro, cun programa no que se dan cita, ademais de Carlos Sadness en Vigo, María José Llergo na Coruña, Muchachito Bombo Infierno en Santiago de Compostela, e Marwán en Lugo

Carlos Sadness actuará esta fin de semana en Vigo da man de Momentos Alhambra Acustiquísimos. Así, o sábado, 16 de novembro, ás 21.30h, no Hall do Teatro Afundación, o artista barcelonés abrirá a sétima edición do ciclo de directos en acústico en espazos singulares de Galicia, organizado por Art Music co patrocinio de Cervexas Alhambra, para presentar os temas de ‘Realismo Mágico’, o seu novo álbum de estudo, con himnos que profundan en conceptos como a bondade, a tenrura ou a empatía, sempre marcados por esa esencia festivalera que tanto lle caracteriza, e que en Vigo estarán aderezados polas tapas de autor do chef Cristiam Saldarriaga, do Restaurante Niño Corvo.

Momentos Alhambra Acustiquísimos 2024 colgou o cartel de ‘sold out’ nos catro directos que achega ao público galego este novembro, cun programa no que se dan cita, ademais de Carlos Sadness en Vigo, María José Llergo na Coruña, Muchachito Bombo Infierno en Santiago de Compostela, e Marwán en Lugo.



DIRECTOS ÚNICOS, ESPAZOS EXQUISITOS E OS MELLORES BOCADOS

Catro concertos, catro cidades e catro noites para o recordo en espazos singulares.  Momentos Alhambra Acustiquísimos son voces únicas para momentos musicais exquisitos.  Este outono regresa a Galicia este ciclo en formato íntimo, onde o artista e o público relaciónanse sen barreiras a través da música en acústico. Do 16 ao 30 de novembro, Momentos Alhambra Acustiquísimos celebra a súa sétima edición de experiencias sonoras únicas e próximas coa complicidade dalgunhas das voces con máis carisma da nosa escena. E faio deixando o mellor sabor de boca, xa que a gastronomía será, de novo, outra das grandes protagonistas da cita. O ciclo, organizado por Art Music, conta, de novo, co patrocinio de Cervexas Alhambra, en liña co seu compromiso de apoiar todas aquelas experiencias únicas que convidan a gozar sen présa dedicando a cada cousa o tempo que merece.

Este 2024, os directos de Momentos Alhambra Acustiquísimos concentraranse en tres fins de semana. Así, Carlos Sadness, toda unha icona do indie pop español, abrirá o ciclo en Vigo en acústico, no Hall do Teatro Afundación, o sábado 16 de novembro, ás 21.30h, cos temas de Realismo Máxico, o novo e quinto álbum de estudo do artista barcelonés. Atopar a maxia no medio da realidade é o obxectivo deste disco, que profunda en conceptos como a bondade, a tenrura ou a empatía, sempre marcados por esa esencia festivalera que tanto lle caracteriza. O chef Cristiam Saldarriaga (Niño Corvo) será o encargado de preparar os aperitivos desta singular velada.


Hall do Teatro Afundación | © Acustiquísimos

A semana seguinte, o venres 22 de novembro, tamén ás 21.30h, María José Llergo chegará ao Salón Atlántico de Árbore da Veira, na Coruña. A artista súmase por primeira vez ao cartel de Momentos Alhambra Acustiquísimos para presentar o seu último disco, ‘Ultrabelleza’ (2023), unha celebración do poder transformador do amor. Na Coruña, seremos testemuñas dun discurso empoderado, desde a alegría dunha artista que transita por territorios vangardistas e sinfónicos, sen renunciar ás súas raíces, nun son único que foxe de clichés e etiquetas. Luis Veira (Árbore da Veira) súmase ao cartel do ciclo na Coruña coas súas tapas de autor deseñadas especialmente para o concerto.

Un día despois, o sábado 23 de novembro, Muchachito Bombo Infierno, un dos grandes nomes da nosa música, que xa non necesita apenas presentación, fará gala de toda a súa enerxía e complicidade sobre o escenario ante o público de Momentos Alhambra Acustiquísimos en formato ‘one man band’. Será en Santiago de Compostela, ás 21.30h, no Patio de Cristal de San Francisco Hotel Monumento. As tapas do directo correrán a cargo do chef Fernando Rodríguez (O Secadeiro). Finalmente, Marwán poñeralle o broche de ouro ao ciclo no Círculo das Artes de Lugo o sábado 30 de novembro, ás 21.30h.

Unha das principais voces da canción de autor de España e Latinoamérica da última década regresa así a Momentos Alhambra Acustiquísimos -onde os seus fans xa puideron gozar dos seus mellores temas en 2021- para presentar o seu disco ’20 aniversario’, no que reinterpreta as súas cancións cun son máis moderno, para darlle a cada unha un xiro sorprendente. Os aperitivos deste concerto de clausura do ciclo chegan da man de Rafa Centeno (Vértigo).

MOMENTOS ALHAMBRA ACUSTIQUÍSIMOS

O ciclo, organizado por Art Music Agency co patrocinio de Cervexas Alhambra, en liña co seu compromiso de apoiar eventos que conviden a gozar das súas cervexas coa mellor banda sonora de fondo, programa desde 2018 unha serie de encontros irrepetibles que apostan por ofrecer ao público galego, nun formato íntimo e para un público reducido, experiencias memorables en espazos singulares pouco habituados á música en directo, con algunhas das figuras máis destacadas da escena musical española.

Artistas como Rayden, DePedro, Alice Wonder, A Ben Querida, Fuel Fandango, Andrés Suárez, Ángel Stanich, Second, O Kanka, Travis Birds, Carmen Boza, Elefantes, Meniña Daconte ou Marwán, entre outros, formaron parte do cartel.

Está pasando!