Charo López en ‘Los gozos y las sombras’ | © RTVE

Charo López, Clara Aldán na serie de RTVE ‘Los gozos y las sombras’, visitará Pontevedra para a inauguración da exposición ‘A cidade é a pegada’ o 15 de decembro

21 Novembro 2022

  • A consagrada artista protagonizará un recital previo á apertura de portas da mostra.
  • Forma parte do apartado de Personaxes polo que supoxo no seu momento para a cidade a rodaxe da peza audiovisual baseada na obra de Torrente Ballester
  • Máis de 70 pezas entre fotografías, debuxos, esculturas e obxectos comporán este espazo comisariado por Milagros Bará onde  “Non están todos os que son, pero son todos os que están”
  • O Museo de Pontevedra, Arquivo Provincial da Deputación de Pontevedra, o Diario de Pontevedra, a Colección de Arte Abanca, o IES Valle-Inclán, Arquivo fotográfico Pacheco de Vigo o IPCE do Minisiterio de Cultura e Deporte, a Corporación RTVE, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago, o arquivo da familia Riestra, o arquivo de Manuel Suárez e numerosas coleccións particulares participan na cesión de obras

O Concello de Pontevedra traballa desde hai un ano no proxecto expositivo inédito “A cidade é a pegada” que verá a luz o 15 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedrá e permanecerá visitable ata o 22 de marzo de 2023.

A exposición, que reflexiona sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra empregando a infancia como fío condutor, conta con Alfredo Olmedo como comisario, os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reiriz e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.

Estará dividida nos espazos Personaxes, do que hoxe avanzamos unhas pinceladas, Infancia, Arquitectura e Río e será, segundo destacou Carme Fouces no seu momento, “a produción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello desde que eu teño memoria. A tódolos niveis: en sí mesmo,  a nivel de produción, que vai ser moi espectacular a forma de expoñelo e velo e tamén do volumen de peticións de material dende o punto de vista administrativo”

Lonxe de querer desvelar o contido da Sala de Personaxes á que hoxe nos referimos, avanzamos que a comisaria Milagros Bará fixo unha importante escolla de mulleres e homes de diferentes estratos sociais que destacaron en diferentes ámbitos e ben pola súa dimensión intelectual, política, social etc. vinculáronse á memoria dos veciños da cidade como elementos distintivos e singulares que participan da memoria e a narración oral popular.

Entre as preto de 80 pezas que componen esta selección,  atoparemos un fotograma da gravación de ‘Los gozos y las sombras’ cedido por RTVE no que recoñecemos con claridade a Praza da Leña e á actriz Charo López no papel de Clara Aldán, quen dá nome a unha sección do Diario de Pontevedra.

A rodaxe da adaptación para a emisión en televisión da célebre triloxía de Gonzalo Torrente Ballester (ao que tamén atoparemos na Sala de Personaxes pola súa vinculación con Pontevedra) supuxo unha revolución na cidade entre 1980 e 1981 xa que durante 6 meses Pontevedra converteuse en Pueblanueva del Conde – un pobo gallego imagixado polo autor, entre 1934 e 1936, coa 2ª República de fondo.

40 anos máis tarde os pontevedreses e pontevedresas lembran aquela época con agarimo xa que moitos deles/as participaron como extras na peza audiovisual que trouxo á cidade a Eusebio Poncela, Carlos Larrañaga, Amparo Rivelles, Rosalía Dans e como non, a Charo López,  que regresará a cidade o 15 de decemembro para protagonizar un recital previo á inauguración de ‘A cidade é a pegada’.


Fotograma de ‘Los gozos y las sombras’ con Eusebio Poncela e Charlo López na Praza da Leña | © RTVE

Agradecementos Sala Personaxes

O Concello e a comisaria da Sala, Milagros Bará queren agradecer moi especialmente ás institucións, empresas e particulares que contribuíron cedendo obras e que detallamos a continuación: Servizo de Patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, Museo de Pontevedra, Diario de Pontevedra, Colección de arte Abanca, IES Valle-Inclán de Pontevedra, Arquivo fotográfico Pacheco do Concello de Vigo, Corporación RTVE, IPCE Ministerio de Cultura y Deporte, Colección Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago, Casa da Juventude San Luis Gonzaga de Brasil, Fundación Cuña – Casasbellas de Pontevedra, Arquivo Familia Riestra, Archivo Manuel Suárez, Colección Milagros Bará, Colección Oliver Barreiro Cavaleiro, Colección Máximo Froján Fernánde, Colección Vicente García Riestra, Colección Alda Mariño Dopico, Colección Eduardo Outeiro, Colección Lucila Vidal Fraga, outras coleccións particulares e á Editorial Clan (Madrid).

Está pasando!