Charo López | © Sergio Parra

Charo López regresa a Pontevedra con ‘Verso a verso’ o sábado 4 de febreiro ás 21:00 horas no Pazo da Cultura

19 Xaneiro 2023

  • O recital, que conta co barítono Luis Santana e o mestre Víctor Carbajo ao piano, xa ten as súas entradas á venda en Ataquilla.com
  • Forma parte da programación en torno á exposición ‘A cidade é a pegada’, que en breve anunciará visitas guiadas para público en xeral e concertadas con escolares, asociacións, etc.

Logo do éxito da visita de Charo López, motivado pola inauguración da mostra ‘A cidade é a pegada’ o pasado mes de decembro, a afamada actriz protagonista de ‘Los gozos y las sombras’, regresará a Pontevedra, desta volta co seu recital ‘Verso a verso’.

O espectáculo, que terá lugar o sábado 4 de febreiro ás 21:00 horas no auditorio do Pazo da Cultura, contará co barítono Luis Santana e Víctor Carbajo ao piano e as entradas xa están a venda anticipadamente en Ataquilla.com con prezo xeral de 12 euros e reducido de 4 euros para estudantes, desempregados e maiores de 65 anos.

“Pasamos os días, os meses e os anos sen tomar conciencia do “aquí e agora”. Por iso hoxe, nestes tempos máis que nunca, Charo López tráenos o seu ‘Verso a verso’ nun precioso recital xunto ao barítono Luís Santana e acompañados ao piano polo mestre Víctor Carbajo. Lorca, Machado, Miguel Hernández, Santa Teresa de Jesús, etc. A poesía funciona como unha fotografía capaz de recoller en palabras, nun instante, nun golpe de luz, as imaxes que enfoca. Só a poesía salva do esquecemento. Unha nación, unha cultura poden reconstruír o seu pasado, presente e futuro na medida en que a poesía as retrata coas súas palabras.”



Visitas á exposición ‘A cidade é a pegada’

A mostra, que conta entre as súas 500 pezas cun apartado sobre ‘Los gozos y las sombras’ polo que supoxo a súa rodaxe na cidade a principios dos anos 80, pode ser visitada os luns, mércores, xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas. Os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas. Os domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas. Os martes, permanecerá pechada.

Conta con follas de Sala a disposición do público para mellorar a experiencia e en breve, ofertará visitas guiadas para tanto para público en xeral como para escolares e asociacións.

Está pasando!