Chega á Guarda ‘EspecializAcción’, accións formativas para negocios locais

8 Marzo 2023

  • Trátase dun total de 5 obradoiros destinados a contribuír a que hostalaría e negocios locais adquiran formación en áreas específicas
  • As prazas son limitadas e é preciso facer unha inscrición previa 

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local inicia neste mes de marzo unha oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.

Despois de realizarse unha enquisa entre o tecido empresarial, na que se propuxeron un total de 16 obradoiros a elixir e diferentes horarios para a súa realización, seleccionáronse un total de 5 obradoiros, que foron os que espertaron maior interese polos diferentes profesionais do comercio, hostalería e empresas da vila, mesmo engadindo algunha demanda que non estaba no listado inicial.

Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio e hostalaría local, iniciada xa no ano 2021 e que, nesta primeira parte de ano 2023, inclúen un total de 5 obradoiros.

As accións formativas de ‘EspecializAcción’ comezan xa na xornada do 14 de marzo en horario de 17:30 a 19:30 horas co obradoiro de Barista Básico impartido por Csaba Bóka, un entrenador profesional de baristas e participante en campionatos do mundo que será impartido en Xorxios, na Estrada Costa dos Soldados (Antigo Restaurante Barbela).

O segundo obradoiro de LatteArt, decoración cafés realizarase na xornada do 21 de marzo en horario de 17:30 a 19:30 horas, tamén será impartido por Csaba Bókano en Xorxios en Camposancos.

Na xornada do 28 de marzo en horario de 20:30 a 22:30 horas a Casa dos Alonso acollerá o obradoiro de Empaquetado de regalos creativo, impartido por Noelia e Ramón da Papelería Artesanal Papelier de Baiona.

O penúltimo obradoiro de ‘EspecializAcción’ chega á Casa dos Alonso o 11 de abril en horario de 20:30 a 22:30 horas da man do Community manager Jorge Alonso Daldea, que tratará sobre Publicidade en Facebook e Instagram.

Xa para rematar as primeiras accións formativas de ‘EspecializAcción’ desta primeira parte do ano 2023, na xornada do 18 de abril en horario de 20:30 a 22:30 horas terá lugar na Casa dos Alonso o obradoiro de Posicionamento SEO para páxinas web e tendas online, impartido por Jorge Alonso Daldea.

Estes obradoiros teñen unha duración aproximada de dúas horas e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986 610 000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es, as prazas son limitadas a 10 persoas para os obradoiros de Barista básico, LatteArt decoración de cafés, e a 15 persoas para os de Empaquetado de regalos creativo, Publicidade en Facebook e Instagram e Posicionamento SEO.

As inscricións estarán abertas ata dous días antes de cada acción formativa ou ben ata completar o aforo.


Está pasando!