Chega a Pontevedra ‘Que non pare a música!’, coas actuacións de Carlos Sadness, La Casa de los ingleses, Dakidarría, Boyanka Kostova, Furious Monkey House, Baiuca, Cora Velasco e Sondarúa

1 Novembro 2021

Chega a Pontevedra a primeira edición de ‘Que non pare a música!’, un ciclo de concertos que encherá a cidade do Lérez da mellor música.

De pé, podendo bailar e desfrutando da nova normalidade, o ciclo ofrecerá catro sesións diferenciadas nas que se darán cita algúns dos grupos máis destacados do panorama musical galego, estatal e da propia cidade de Pontevedra.

Os vindeiros 12, 13 e 14 de novembro o Recinto Feiral de Pontevedra acollerá as actuacións de Carlos Sadness, La Casa de los ingleses, Dakidarría, Boyanka Kostova, Furious Monkey House, Baiuca, Cora Velasco e Sondarúa.

Programación:

  • SONDARÚA – DAKIDARRÍA – BOYANKA KOSTOVA | Venres 12 de novembro | 21:00 | Prezo: 12€ | Entradas
  • CARLOS SADNESS – LA CASA DE LOS INGLESES | Sábado 13 de novembro | 21:00 | Prezo: 18€ | Entradas
  • CORA VELASCO – FURIOUS MONKEY HOUSE | Domingo 14 de novembro | 11:30 | Prezo: 5€ | Entradas
  • BAIUCA | Domingo 14 de novembro | 18:30 | Prezo: 10€ | Entradas

Menores de 13 anos: entrada de balde sempre que accedan acompañados.

Está pasando!