Xa está en marcha o Concurso Virtual de Bandas “Galician Brew-Rock in Río Tea”, cun premio de 1.000 euros e 500 birras

6 Febreiro 2021

Os organizadores do festival Rock in Río Tea retoman a súa actividade tras a redución de eventos por mor da pandemia. Da man de Galician Brew, empresa cervexeira afincada no val do río Tea, e coa que xa colaboraran previamente na creación da cervexa que leva o nome do festival, retoman un dos seus eventos máis coñecidos: o Concurso de Bandas.

A letra da canción coa que participes debe ser en galego, ou en caso de estar en outro idioma, deberás engadir os subtítulos en galego no vídeo.

Elección da banda gañadora: De entre todas as inscricións elixiranse 20 vídeos. 10 se seleccionarán por votación popular na rede, e outras 10 polos membros do Rock in Río Tea. Entre as 20 finalistas, un xurado de gurús do rock and roll elixirá por votación a banda gañadora.

O premio: 1000 euros + 500 birras Galician Brew especialmente elaboradas para o concurso. Para recibir o premio, a banda gañadora deberá dar un concerto na fábrica de Galician Brew. A actuación en directo é condición esencial para o cobro do premio. En caso de que a banda non poida realizar a actuación o premio pasará para ó segundo clasificado. Si este non puidera actuar, o premio quedaría deserto.

O método de inscrición será a través da web de Galician Brew cun prazo que remata o domingo 14 de marzo.

Está pasando!