Zé Pedro Coelho | SPJ Pontevedra

Chega una nova edición de Jazz no Principal con Zé Pedro Coelho e Mordy Ferber, acompañados dos novos valores do jazz galego

2 Marzo 2026

  • O saxofonista Zé Pedro Coelho e o guitarrista e compositor Mordy Ferber serán os encargados de encher de música o Teatro Principal xunto ao SPJ-Group.
  • As entradas para ambas propostas están xa á venda en Ataquilla.com a un prezo de 3 euros e, de non esgotarse, tamén unha hora antes de cada concerto na billeteira do teatro.

O vindeiro sábado 7 de marzo bota a andar unha nova edición de Jazz no Principal, unha iniciativa creada polo Seminario Permanente de Jazz no ano 2004 coa finalidade de potenciar os novos valores do jazz galego. Este formato é un dos principais responsables da boa saúde que amosa o jazz no noso país.

O ciclo contará nas próximas semanas con dúas figuras a nivel interpretativo e docente: o saxofonista portugués Zé Pedro Coelho e o guitarrista norteamericano Mordy Ferber, todo uns referentes do jazz actual. Como ben sendo habitual, ambos artistas estarán acompañados dos novos valores do jazz galego, nuns concertos únicos.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 3 euros e, de non esgotarse, tamén unha hora antes de cada concerto na billeteira do teatro.

Sábado 7 de Marzo | 21h |Teatro Principal | Zé Pedro Coelho & SPJ-Group

Zé Pedro Coelho (1984) é músico, saxofonista e ten unha licenciatura en Interpretación pola Escola de Música e Artes Escénicas do Porto. É membro da Orquestra de Jazz de Matosinhos desde 2003. Actualmente ten máis de trinta traballos discográficos, entre os que se inclúen “Clepsydra” e “Passarola Voadora” como director; e “Ensemble Super Moderne”, “Do Nada e Das Coisas Celestes”, “Wiz” e “Mosaico” como colíder.

Actúa regularmente por todo o país con diversos proxectos e nunha ampla variedade de conxuntos, entre os que destaca a OJM, para quen desenvolveu traballos como arranxista; e tamén participa en proxectos con músicos como Mário Barreiros, André Fernandes, Demian Cabaud, Iago Fernandez e Gonçalo Marques, entre moitos outros.

É membro fundador da asociación Porta-Jazz.

Zé Pedro Coelho (saxo tenor), Luis Felipe Fernández (saxo alto), Abe Rábade (piano), Pablo Patiño (contrabaixo) e Alberto López (batería).

Mordy Ferber | SPJ Pontevedra

Sábado 28 de Marzo | 21h | Teatro Principal | Mordy Ferber & SPJ-Group

O guitarrista e compositor neoiorquino Mordy Ferber é un exquisito músico de jazz cuxas composicións e actuacións trouxeron o jazz ao século XXI. Combina sen esforzo melodías complexas cunha guitarra e unha musicalidade abraiantes e, o máis importante, desenvolveu un son propio.

Nun libro recente do xornalista e historiador do jazz Scott Yanow, Mordy foi incluído na lista dos 350 mellores guitarristas de jazz de todos os tempos no libro “The Great Jazz Guitarists: The Ultimate Guide”.

Mordy Ferber actuou e gravou con artistas como Michael Brecker, Jack DeJohnette, Eddie Gomez, Peter Erskine, Bob Mintzer, Dave Liebman, George Garzone, Donny McCaslin, Billy Hart, Danny Gottlieb, Richard Bona, Miroslav Vitous, Jeff Berlin, Danny Gottlieb, Chester Thompson, Bob Moses, Richie Beirach, Jack Bruce, Will Lee, Larry Coryell, Adam Nussbaum e Billy Hart, Larry Graham, Bootsy Collins.

Mordy ten trinta e cinco anos de experiencia docente en institucións tan prestixiosas como a Universidade de Nova York, o Berklee College of Music de Boston, a New School University, o American Institute for Guitar e o Sam Ash Institute da cidade de Nova York.

Gravou 5 álbums como líder nos selos Enja, Half Note e CBS Europe Record. O saxofonista David Liebman describe as súas notas como “Mordy é un músico marabilloso que afonda na súa escritura e interpretación cun claro sentido de comunicación co oínte”. Ferber tamén recibiu eloxios do icónico batería Jack DeJohnett.

Mordy Ferber (guitarra), Carla Martínez (voz), Mateo Gil (piano), Paco Charlín (contrabaixo) e David Taboada (batería).

Está pasando!