Chega unha nova edición do Caldelas Tapas, o evento gastronómico que encherá de sabor todos os venres do mes de xullo

19 Xuño 2021

Nesta edición do Caldelas Tapas participarán a Cafetería Acuña, coa ‘Tosta Acuña’; Cervería Alameda co ‘Pastel de Tortilla’; restaurante Alborada con ‘Brisa dos Alpes’; Cafetería Atelier del Delirio con ‘Xamón asado estilo Atelier’; Bar Valladares con ‘Rabito Valladares’; Gloria Domecq Catering con ‘Focaccia de sardiña’; Jamarte con ‘Iberican Summer Cornetto’; Tapería Klimbin con ‘Capricho’; Cafetería LaTribu con ‘Tosta de Tinga’; Cafetería La Terracita con ‘Taco mariñeiro’; Mesón Parada con ‘Tosta de bacalao’; Tapería Victoria con ‘Ensaladilla Victoria’ e Cafetería Verdugolandia con ‘Cocochas do Pacífico’.  

xurado profesional, que asistíu a presentación das tapas participantes, estivo composto polo cociñeiro con estrela Michelín Pepe Vieira, a reposteira local responsable de ‘Pica e Peca’, Conchi Amoedo; e a ex propietaria do Bar Alameda, Ángeles Míguez ‘Lita’.

A apertura do sobre co fallo do xurado coñecerase a finais do mes de xullo, unha vez rematada a presente edición, en presenza de todos os participantes.

O prezo das tapas será de 1,50 euros e a bebida pagarase á parte. Con este tipo de actividades, o Concello de Ponte Caldelas busca dinamizar os establecementos e atraer novos visitantes aos locais de Ponte Caldelas a través dun evento gastronómico que encherá de sabor todos os venres do mes de xullo, en horario de 20:00 a 00:00 h.

Está pasando!