Chega unha nova edición do Festaclown, un evento de circo e clown que encherá as rúas de Vilagarcía de Arousa de sorrisos

12 Agosto 2022

O Festaclown terá lugar do 17 ao 21 de agosto e todas as actividades serán gratuitas e de entrada libre. Recoméndase chegar 15 minutos antes da hora de comezo.

Coma sempre, as protagonistas do Festaclown Vilagarcía serán as mellores compañías galegas como Desastronauts, Fran Boza, Troula ou Dani García. Sen esquecer grandes nomes a nivel estatal e internacional como Cía Vaya, Entre Nous, Rojo Telón, Kanbahiota, Trotamundos, La Troupe Malabó ou Javier Ariza.

Sábado 13 de agosto

  • 21:00 h. Actividade previa na praza da II República. ‘Desconcerto’ coa Banda Municipal de Música de Vilagarcía & Culturactiva Producións.

Mércores 17 de agosto

  • 11:00 h. Apartado Social. Acto de inauguración na praza de Galicia coas compañías Pallasos en Rebeldía, Teatro Clámide e Desastronauts.
  • 12:30 h. Superroquiños na praza Ravella. Fran Boza presenta ‘Malabarabilidades’.
  • 19:30 h. Certame Festaclown na praza de Galicia. ‘Somos Circo’ coa compañía Desastronauts.
  • 21:00 h. Mostra Festaclown na praza da Republica II. Entre Nous presenta o espectáculo acrobático ‘Entre Nous’.

Xoves 18 de agosto

  • 11:00 h. Actividade paralela. Fran Rei estará na residencia Divina Pastora co espectáculo ‘Os contos de barriga verde’.
  • 11:00 h. Apartado social. Xara Ortiz ofrecerá o seu espectáculo ‘Lúa Triangular’ na praza da Republica II.
  • 12:30 h. Superroquiños na praza Ravella. Monikiña deleitará aos presentes co espectáculo ‘A Viaxe de Nikita’.
  • 19:30 h. Certame Festaclown na praza de Galicia. ‘Nó’ da compañía Vermello Pano.
  • 21:00 h. Mostra Festaclown. ‘Voando Veño’ de Kanbahiota na praza dá Republica II.

Venres 19 de agosto

  • 11:00 h. Apartado social. ‘Sen guerras’ de Con Eles & Clámide na praza de Galicia.
  • 12:30 h. Superroquiños na praza Ravella. ‘Smile’ da compañía De Carmela.
  • 19:30 h. Certame Festaclown na praza de Galicia. ‘Historias dun Baúl’ da compañía Trotamundos.
  • 21:00 h. Mostra Festaclown. Karpaty de La Troupé Malabó na praza da Republica II.

Sábado 20 de agosto

  • 11:00 h. Apartado social. Anxo Moure presenta o seu espectáculo ‘Contos pola paz’ na praza dá Republica II.
  • 12:30 h. Superroquiños na praza Ravella. Troula Animación ofrecerá o seu espectáculo ‘O Show de Fifo’.
  • 19:30 h. Certame Festaclown na praza de Galicia. Cia Vaya con ‘Vertical Boom’.
  • 21:00 h. Mostra Festaclown. Javier Ariza presenta ‘Carman’ na praza da Republica II.

Domingo de agosto

  • 11:00 a 14:00 h. Superroquiños na praza de Galicia. Dani García co espectáculo ‘O Museo encantado’.
  • 21:00 h. Mostra Festaclown na praza de Galicia. Acto que clausurará o festival, a Gala contra a guerra con Pallasos en Rebeldía.

Está pasando!