Ortiga e Pili Pampín | © Arián Quinteiro

Co ‘Licor Café’ de Ortiga e Pili Pampín volve o dúo galego máis atemporal

26 Marzo 2023

Con ‘Eu chorar chorei’ e ‘O galo (Remix)’ reafirmouse que o seu é a experimentación dos límites da nova verbena, así que cantarlle á que probablemente sexa a bebida raíña por excelencia de todas as festas galegas, é sen dúbida o avance natural deste dúo 


Estos dous míticos solistas do mundo da verbena forman un proxecto sólido e ben engraxado, no que simplemente cuns poucos segundos da súa obra podemos mergullarnos nos sons clásicos de verbena pero ca attitude e a linguaxe musical máis actual, creando un producto atemporal. Atemporales porque rompen cos estereotipos da idade e dos xéneros musicais. Caben no mesmo lugar o autotune, o vestidos de abelorios, house, copla, bombos 808 e os acordes máis clásicos.

Poderíase dicir que o encontro entre Ortiga e Pili Pampín creou unha imaxe de unión que aglutina o pasado, presente e futuro da música galega feita en Galicia.


Ortiga e Pili Pampín | © Arián Quinteiro

E como bos galegos, todo ben regado de licor café, outra mostra de atemporalidade xa que a beberaxe cafeteira segue sendo a raíña de todas as festas. E por iso que no seu novo single, Ortiga e Pili Pampín revisitan o clásico de Lamatumbá pero cambiando o Ska polo merengue, para mimetizalo aínda máis coa idiosincrasia e o son da festa popular. Producida e arranxada por Chicho, participan João Alberto Ferreiro aos teclados; Sabela Arán, Jesús Cudeiro, Conjunto Amistá e Xavi Cea aos coros. O resultado son case cinco minutos de música acelerada, urxente e frenética, ou o que é o mesmo, Licor Café.


Está pasando!