Presentación do 4º Ciclo de Cine de Inverno | © Concello de Salvaterra de Miño

Comeza o cuarto Ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra de Miño

10 Xaneiro 2024

Como ven sendo costume en Salvaterra, o comezo dun novo ano trae consigo o xa habitual Ciclo de Cine de Inverno, unha alternativa de ocio cinematográfico para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo.

Dende o 20 de xaneiro ata o 10 de marzo, con entrada de balde, nenos e maiores poderán gozar dunha oferta coas estreas do ano 2022 e 2023 que cumprirán as expectativas dos espectadores.

Os sábado ás 22:00 da noite e os domingos ás 17:00 horas (sesión infantil) no salón de actos da Casa de Cultura de Salvaterra temos unha cita cinematográfica nesta cuarta edición do Ciclo de Cine de Inverno.

Nos vindeiros días o Concello publicará a listaxe de títulos.

Está pasando!