Comeza o prazo de inscrición para o obradoiro virtual de creación literaria organizado pola Biblioteca Pública de Pontevedra

1 Febreiro 2021

Este obradoiro en liña, organizado pola Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”,  está dirixido a aquelas persoas que queiran dotarse de ferramentas para achegarse á linguaxe das escrituras contemporáneas.

A partir de pequenos textos de autoras pertencentes ás literaturas galega e española, a docente abrirá espazo para a reflexión e propor exercicios de escritura creativa.

Número de prazas: 10

Duración: 6 horas, distribuídas en 4 sesións de 90 minutos.

  • Sesión 1. Martes 9 de febreiro de 17.30 a 19.00 h
  • Sesión 2. Martes 16 de febreiro de 17.30 a 19.00 h
  • Sesión 3. Martes 23 de febreiro de 17.30 a 19.00 h
  • Sesión 4. Martes 4 de marzo de 17.30 a 19.00 h

Docente: Tamara Andrés (escritora, tradutora e investigadora).

Requisitos técnicos:

  • Ordenador con cámara e son ou tableta ou móbil
  • Conexión estable a Internet
  • Conta de correo Gmail
  • Ter instalados os drivers necesarios para utilizar Google Meet

Requisitos de materiais: utensilios para a escrita (caderno ou follas, lapis, bolígrafo)

Acceso ao formulario de inscrición

Está pasando!