Sergey Arutyunyan ensemble ofrecerá un concerto o sábado 8 de outubro no Centro Cultural da Guarda

3 Outubro 2022

O vindeiro sábado día 8 de outubro o Centro Cultura da Guarda acolle a partires das 20:00h o concerto de Sergey Arutyunyan ensemble, enmarcado no programa ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia, coa colaboración de Peregrinos Musicales e o Concello da Guarda.

Sergey Arutyunyan ensemble conta con Sergey Arutyunyan, acompañado dun ensemble de músicos de talla internacional, como son Larissa Shomina, Alexander Arutyunyan, Bruno Miguel Pinheiro Fernándes e Paulo Areias.

Entrada de balde ata completar aforo.

Sergey Arutyunyan

Sergey é violinista e descendente la prestixiosa escola de corda de San Petersburgo, cidade onde a tradición vinculada ao violín e moi larga e veñen dende os tempos do lexendario L. Auer. Sergey naceu no seo dunha familia de violinistas e comezou seus estudos musicais a unha idade moi temperá co seu pai Anatoli Schwarzburg famoso profesor e pedagogo de violín.

Larissa Shomina

Iniciou os seus estudos musicais na Escola de Música de Kharkov, USSR, nunha escola para niños superdotados, na que acadou as máxima calificacións en todas as disciplinas.

En 1987 acabou o “Mestrado en Artes” no Conservatorio Superior Estatal Rimsky-Korsakov em San Petersburgo, onde estudou na clase de violín do brillante violinista Marc Komissarov.

Foi membro da Orquestra da Câmara “Clássica” de San Petersburgo ca que realizou Concertos por toda a Unión Soviética e noss Estados Unidos e Europa.

Alexander Arutyunyan

Nado o 15 de agosto de 2002, comezou os seus estudos musicais cos seus pais, profesores de violín, Larissa Shomina e Sergey Arutyunyan.

No ano 2013, na Academia de Música de Viana do Castelo, comeza as clases de piano na clase de Olga Baranova, continuando os seus estudos de violín na casa.

Bruno Miguel Pinheiro Fernándes

Naceu o 21 de agosto de 1993. Ten o seu primeiro contacto coa música na Banda de Escuteiros de Barroselas en 2001.

En 2005 inicia os seus estudos de violoncello na Escola Profesional de Música de Viana do Castelo na classe do profesor Iminas Kucinskas.

En 2011 ingresou na Escola Superior de Música e Artes de Espetáculo na clase do professor Jed Barahal terminando en 2015 a sua Licenciatura.

Paulo Areias

Nado en Viana do Castelo, licenciouse en oboe na Escola Superior de Música de Lisboa (ESML), perfeccionándose en clases maxistrais en Portugal e no estranxeiro con François Leleux, Stefan Schilli, Lazlo Hadady, Ernest Rambout, Alex Klein, Maurice Bourgue. , Thomas Indermuhle, Christian Wetzel, Nick Deutsch, Alfredo Bernardini, Jean Luc Fillon, Ricardo Lopes e Henrik Goldschmidt.

PROGRAMA:

Obras : Albinoni, Bach, Pergolesi, Marcello e Vivaldi.


Está pasando!