Coñece os sitios máis emblemáticos de Redondela cos paseos e conversas turísticas ‘A Festa da Coca’

3 Xuño 2021

Dende a Concellaría de Turismo do Concello de Redondela lanzan unha nova proposta para este mes de xuño, a realización de paseos tutelados polas/os guías turísticas/os polas rúas de Redondela cun tema concreto: a Festa da Coca.

Todos os xoves de xuño, ás 19:00 horas, dende a Oficina de Turismo do Concello de Redondela, sairá unha visita guiada e de balde explicando, a través da historia da festa da Coca, os sitios máis emblemáticos de Redondela.

Non é unha visita guiada. É un paseo. É unha conversa. É un encontro especial onde cada quen poderá contar, aprender, preguntar, escoitar e explicar as súas lembranzas sobre a Festa da Coca.

Trátase dunha invitación para as persoas turistas que visiten o municipio este mes, mais tamén unha invitación para as persoas de Redondela que viviron a Festa noutros momentos, noutras épocas, e que teñan lembranzas, anécdotas que compartir en grupos.



Está pasando!