Marián Sanmartín e María Ramallo presentan o XVIII Premio de Narración Curta | Concello de Marín

O Concello de Marín convoca o XVIII Premio de Narración Curta polo Día das Letras Galegas

25 Marzo 2025

O Concello de Marín convoca a XVIII edición do Premio de Narración Curta dotado cun premio único de 1.000 euros, a entregar no acto institucional polo Día das Letras Galegas.

Poderán concorrer a este certame todas as persoas de calquera nacionalidade, que sexan maiores de idade (18 anos), podendo presentar unicamente un traballo por persoa.

Os traballos serán en lingua galega, orixinais e inéditos. Os criterios de valoración que se terán en conta serán a orixinalidade no tratamento da temática e na súa exposición literaria, o emprego dunha linguaxe e estilo ricos, así como o rigor e a calidade da obra.



O premio será único e indivisible e estará dotado coa contía de 1.000 euros, figurando incluídos nesta cantidade todos os impostos que lle sexan de aplicación e imputándose con cargo á partida correspondente do orzamento municipal deste exercicio.

O prazo de presentación dos traballos abriu o sábado 15 de marzo de 2025 e rematará o venres 2 de maio do 2025 ás 14.00 horas.

O xurado, composto polos xornalistas Susana Pedreira e Ramón Rozas e as escritoras Arantza Portabales e Elena Gallego Abad, dará a coñecer o fallo o 14 de maio, xa que a entrega do premio formará parte do acto institucional que se celebrará polo Día das Letras Galegas.

Consulta as bases completas en concellodemarin.es

Está pasando!