O Concello de Pontevedra a través de Concellaría de Cultura, facilitará a presenza de 8 empresas da cidade no Culturgal

15 Outubro 2020

Como iniciativa para apoiar as estructuras culturais consolidadas que se viron prexudicadas pola pandemia e a situación derivada da mesma, o Concello de Pontevedra a través de Concellaría de Cultura dirixida por Carme Fouces, facilitará a presenza de 8 empresas da cidade no Culturgal, poñendo á súa disposición 8 stands de 2×2 metros co Bono Pontevedra Culturgal 2020.

A adxudicación dos mesmos farase baixo os requisitos de obrigado cumprimento e criterios baremables detallados máis abaixo.

A convocatoria vai dirixida a entidades privadas e profesionais das industrias culturais adicados ben á producción, distribución ou difusión dentro do ámbito editorial, artístico, musical, do teatro ou a danza, a producción audiovisual ou multimedia, o deseño e a comunicación, etc. en galego. Quedarían fóra da participación os organismos públicos, entidades con participación pública e asociación non profesionais.

Cómo participar? Toda a información e formulario de participación, aquí.

Está pasando!