Cuntis pon rumbo á XXIV Festa da Lacón con Grelos embarcado nun ‘Inverno de Entroido’ cargado de actividades de lecer

16 Febreiro 2023

A fin de semana pasada tivo lugar a XII edición do Tapalacón, coa participación de numerosos establecementos hostaleiros do municipio, o obradoiro do Chapante, o Club de Cociña e o Obradoiro de Caretas e Filloas.

As actividades organizadas polo Concello de Cuntis, dentro do programa ‘Un Inverno de Entroido’, continúan este sábado, 18 de febreiro, cos Obradoiros de Maquillaxe, o Baile de Disfraces Infantil, a III Cea Baile de Entroido…

A continuación detallamos cada unha das actividades do programa ‘Un Inverno de Entroido’ que teñen lugar ao longo do presente mes (prazas limitadas nalgunhas actividades):

OBRADOIRO DO CHAPANTE

  • Os venres ás 18:30 horas. Para nenos/as a partir de 8 anos, xunto coas persoas participantes no Programa Habilitas.

CLUB DE COCIÑA

  • Xoves 9 e 23 de febreiro ás 20:30 horas, na Casa do Médico. Dinamizado por Montserrat Fernández. + Info e inscricións na OMIX.

OBRADOIRO DE CARETAS E FILLOAS

  • Obradoiro de caretas: sábado 4 e domingo 5 de febreiro pola tarde, na Casa do Médico: Ábrese o prazo de inscrición para o obradoiro de filloas do domingo 26 de febreiro. Para a mocidade no ESPAZO CUNTIS XOVE.

XII TAPALACÓN

  • Venres 10, sábado 11 (19:00 a 23:30 horas) e domingo 12 de febreiro (12:30 a 15:30 horas).
  • SHOWCOOKING: ‘Exquisiteces Salgadas do Lacón’, da man de Iván Méndez. Venres 10 ás 18.30 horas na Casa do Médico.
  • SHOWCOOKING: ‘Exquisiteces Doces do Lacón’, da man de Teresa Rico. Sábado 11 ás 11.00 horas na Casa do Médico.

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE E BAILE DE DISFRACES INFANTIL

  • Sábado 18 de febreiro de 16:00 a 19:00 horas, na Casa da Cultura. Para tódalas nenas e nenos.

III CEA BAILE DE ENTROIDO

  • Sábado 18 de febreiro ás 22:00 horas, na carpa do Campo da Feira. Premios aos mellores disfraces. Organiza: Asociación Cultural ‘Belle Epoque’.

DESFILE CONCURSO DE ENTROIDO

  • Domingo 19 de febreiro. Con 3.000 euros en premios, que se dividen nas categorías: individual, parellas, grupos e comparsas.

OBRADOIRO INFANTIL DE FILLOAS E ORELLAS

  • Luns 20 de febreiro, de 16:00 a 18:00 horas, na Casa do Médico. Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

CONFERENCIA SOBRE AS ABELLAS

  • Xoves 23 de febreiro ás 20:00 horas, na Casa da Cultura. Conferencia sobre as abellas, o seu papel polinizador e as características dos seus productos, a cargo de Joaquín Lozano, veterinario de AGA.


XXIV FESTA DO LACÓN CON GRELOS

Concello de Cuntis presenta un intenso programa para celebrar a XXIV edición da Festa do Lacón con Grelos que dará comezo o venres 24 estendéndose ata o domingo 26 de febreiro.

Pablo García ‘Chichas’ será o presentador do Lacón e a popular actriz Eva Iglesias encargarase de ler o pregón desta edición que se prevé multitudinaria.

A artista natural de Arcos de Furco, Soledad Souto, coñecida profesionalmente como Sou Too, é a autora do cartel promocional desta festa gastronómica. Sou Too realizará no mes de marzo unha mostra individual na Casa de Cultura Roberto Blanco Torres.

O lacón con grelos é un prato típico da cociña tradicional galega que acostuma prepararse na época de Carnaval cando o grelo está no seu mellor momento e o frío do inverno convídanos a gozar da contundencia das carnes de porco curadas. En Cuntis levan máis de dúas décadas convertendo esta combinación gastronómica en protagonista dunha das súas festas máis importantes, declarada de Interese Turístico de Galicia.

A Festa do Lacón con Grelos celébrase cada ano o domingo seguinte ao domingo de Entroido e marca a despedida desta celebración, cos seus rituais e as súas tradicións. O protagonismo da xornada lévao a propia degustación gastronómica, cuxo prato básico é o cocido de lacón con grelos, acompañado de patacas, e de sobremesa unhas filloas. O concello instala na praza da Constitución unha gran carpa, pero tamén se pode gozar da mesma receita nos restaurantes e nas casas de comidas da localidade.


PROGRAMA DA XXIV FESTA DO LACÓN CON GRELOS

VERNES 24 DE FEBREIRO

  • 21:00 h. Gala do Chapante.
  • 23:30 h. Concerto de ‘Supermirafiori’ na carpa do Espadenal.

SÁBADO 25 DE FEBREIRO

  • 16:00 h. Retransmisión en directo do programa da TVG ‘Carballeira’.
  • 18:00 h. Actuacións da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis e a súa Banda de Acordeóns.
  • 19:30 h. Actuación da Banda Municipal de Música de Vilaboa e a Escola de Música Municipal de Cuntis.
  • 21:00 h. Concerto de Los Secretos. Entradas á venda a 10 euros en woutick.es
  • 00:30 h. Gran festa ‘Guatequelacón’ anos 60/70/80 na carpa do Espadenal a cargo da Disco Móvil Chocolate.

DOMINGO 26 DE FEBREIRO

  • 11:00 h. Pasarrúas da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis.
  • 11:30 h. Desfile da Banda de Música de Lubián (Zamora).
  • 12:00 h. Apertura da XV edición ‘A Camelia no Lacón con grelos’; a exposición ‘Un baño de mel’, na Praza de Abastos; a do ‘Traxe tradicional de Entroido’, na Casa da Cultura; a de ‘Cerámica de Castrolandín’ e a XIII Mostra de Encaixe das Palilleiras.
  • 12:15 h. Presentación e estrea da obra ‘Augas de Cuntis’. Rumba composta polo mestre-gaiteiro Xoán Carlos Rilo, adicada á Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis.
  • 13:00 h. Pasarrúas a cargo da charanga ‘Támega’. Showcooking con meles de Cuntis , a cargo da restauradora técnica de AGA, Noela Torres.
  • 14:00 h. Apertura da carpa do xantar.
  • 16:00 h. Apertura da carpa das crianzas con inchables e obradoiros.
  • 17:00 h. Actuación infantil ‘Peor Imposible’, de Peter Punk. Cata comentada de meles de Galicia 5 estrelas de AGA, na praza de Abastos.
  • 17:30 h. Obradoiro de filloas para a mocidade. Espazo Cuntis Xove.
  • 18:30 h. Actuación musical do grupo ‘All Stars’.
  • 19:30 h. Velorio e posterior Enterro do Chapante.

Haberá autobuses gratuítos desde o campo de fútbol As Canteiras e do Centro de Día, cada 15 minutos, o sábado e o domingo. Consultar horarios no cartel.

info en www.concellodecuntis.org, no Departamento de Cultura e Xuventude, no teléfono 986 533 600 e en omix@concellodecuntis.es

Está pasando!