A 51ª edición do ‘Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa’, desenvolverase do 27 de outubro ao 5 de novembro

27 Outubro 2023

A Noite Meiga, o Samaín Arrepiante, un evento musical didáctico para escolares da cidade, unha cea cun menú gourmet deseñado polo chef Miguel Mosteiro, o photocall do Coche Fantástico e o dos Cazapantasmas ou a Feira de Artesanía son algunhas das actividades paralelas que viviremos na 51ª edición do ‘Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa’, que se desenvolverá do 27 de outubro ao 5 de novembro.

Este ano gozaremos de 103 estreas con 31 países representados, a participación de 32 convidados (Neil Marshall, Lamberto Bava, Fabio Frizzi, Catriona Maccoll ou Leandro Fernández entre outr@s) e de 19 colectivos e asociacións vilagarciás e galegas.

Velaquí a información das actividades paralelas e das proxeccións, para que non perdas unha: https://curtas.org/



O cartel é obra do ilustrador arxentino Flavio Greco que comenta ao respecto: “Curtas, Festival do Imaxinario é un lugar de encontro e celebración. Estemos vivos, mortos, o nunca pertencéraos a este mundo, brindaremos cada ano polo cinema fantástico, nas rúas de Vilagarcía de Arousa. Os espíritos e pantasmas do cinema sábeno, e nesta edición xuntáronse a celebrar. Vivos ou mortos, festexemos!”

Está pasando!