“Debut 2020. Edición limitada” permanecerá na área de cristal do Sexto Edificio ata o 13 de decembro

27 Novembro 2020

A exposición Debut 2020. Edición limitada, mostra na área de cristal do Sexto Edificio as creacións de once deseñadoras e deseñadores que finalizaron o Mestrado de Deseño e Dirección Creativa en Moda – ESDEMGA da Universidade de Vigo. Permanecerá aberta desde o 26 de novembro ata o 13 de decembro.

Os traballos que se exhiben son de:

  • CHAMORRO MISA, REGINA
  • JUNCAL VIDAL, SABELA
  • CUERVO MORENO, JAVIER
  • GUTIÉRREZ SOMOZA, MARTA
  • CATALINA ESTÉVEZ REGUERA
  • PENA LESTÓN, DENISE
  • DIÉGUEZ BAYÓN, NATALIA
  • MONTENEGRO OMIL, NOEMÍ
  • BRUGUERA MARTORELL, MIREIA
  • MUÑOZ FOUCE, CARMEN
  • PLAZA BUDIÑO, NELY

A exposición está conformada por unha selección de proxectos realizados o pasado curso polo alumnado, no seu primeiro ano de formación do mestrado, o que contribuirá, un ano máis, a achegar a cidadanía aos “procesos de aprendizaxe” nesta titulación da Facultade de Belas Artes.

Leva por título Edición limitada, nun xogo de palabras que fai referencia tanto ás limitacións obrigadas polas circunstancias, como á obrigada adaptación fai desta edición “única”, en alusión ás coleccións cápsula que lanzan as firmas de moda durante un período limitado.

Está pasando!