Deporte de verán, actividades ao aire libre na Guarda

30 Xuño 2021

A Concellería de Deportes da Guarda organiza diversas actividades deportivas dirixidas tanto a público xuvenil como tamén familiar, pensando na práctica de accións de ocio, aproveitando o tempo libre, os recursos naturais próximos e os espazos abertos.

As actividades propostas son: surf, escalada, kayak e ioga, cunha xornada específica para cada acción e cun número limitado de persoas participantes.

No caso de surf a actividade levarase a cabo o 15 de xullo pola tarde cunha cota de 15 euros persoa. Na actividade poderán participar mozas e mozos de 12 a 18 anos.

A xornada de caiac está programada para o día 23 de xullo cunha cota por participante de 5 euros.

A escalada será o día 6 de agosto, cunha cota de 10 euros.

No caso de Ioga ao aire libre a actividade proponse para os días 18 de xullo e 22 de agosto sendo unha acción de balde para todas as persoas interesadas en participar.

Para inscrición e información as persoas interesadas poden escribir un mail á OMIX a informacion@aguarda.es


Está pasando!