Noites no Paar ‘Solsticio en pedra’ | PAAR

Descubre a maxia dos petróglifos ao pór do sol no PAAR de Campo Lameiro

10 Xuño 2025

sábado 21 de xuño, ás 22:00 horas, descubre a maxia dos petróglifos ao pór do sol nunha visita nocturna ao Parque Arqueolóxico con guía experto en Arte Rupestre.

De día, os petróglifos son fascinantes. De noite, son máxicos. As Noites no PAAR ofrecen unha perspectiva única da arte rupestre. As lanternas e luz de cores revelan a verdadeira esencia dos gravados. A iluminación na escuridade realza cada trazo, cada figura, permitíndoche ver detalles que a luz do día non revela.

Visita nocturna aos principais petróglifos do PAAR de Campo Lameiro | PAAR

Unha experiencia única na que se combinará a visión nocturna das rochas máis emblemáticas do Parque, como a Laxe dos Carballos, cun percorrido, baixo as estrelas, pola tradición oral e os mitos e lendas vinculadas aos petróglifos e á figura do cervo.

Achégate ao PAAR e descubre por que a noite é o mellor momento para explorar os segredos das rochas de Campo Lameiro.

A duración da actividade é de 2 horas.

Reserva de entradas en paar.es

Está pasando!