‘Desumanizaçao’ | © Teatro Art’Imagen

‘Deshumanizaçao’, de Teatro Art’Imagen, chega este domingo á Sala Ártika de Vigo dentro do I Circuíto de Rutas Alternativas

9 Febreiro 2024

O domingo 11 de febreiro, ás 20:00 horas, na Sala Ártika de Vigo, a compañía portuguesa Teatro Art’Imagen porá en escena ‘Desumanização’, dentro do I Circuíto de Rutas Alternativas.

‘Desumanização’ é unha versión escénica da novela ‘Desumanização’, do recoñecido escritor portugués Valter Hugo Mãe, premio literario José Saramago, nunha dramaturxia de José Pedro Pereira, dirixida e posta en escena por José Leitão, fundador e director da compañía.

Esta é unha historia de perda, loito e superación que nos fai cuestionar os límites (ou a súa transgresión) da humanidade.

Nunha pequena aldea asfixiada pola monumentalidade dos fiordos islandeses, Halldora aparece en escena da boca de Deus para contarnos. como foi afrontar a morte de Sigridur, a súa irmá xemelga.Como encher a metade que se perdeu? Como vivir para os dous? Como ocupar o outro lado do espello? Halldora dinos que “O mundo mostraba beleza , pero só soubo producir horror”.

‘Deshumanización’ é Xeo, Terra e Lume; é o “corpo interior de Islandia”.



Esta obra é, segundo o autor, unha auténtica canción de amor a Islandia. A produción, como a obra, vai a Islandia para buscar referencias para a súa ficción teatral, nunha mirada “estranxeira” a un país e ás súas xentes e nunha visión artística que confronta as diversas perspectivas das que está feita a vida, entre o real e o imaxinario.

Espectáculo de 70 minutos de duración en portugués, recomendado para maiores de 14 anos.

Entrada anticipadas á venda en artikavigo.com a 10 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función) e en taquilla a 14 euros + gastos de xestión.


Está pasando!