Despois de 2 anos de cancelación de eventos presenciais, volve a WordCamp de Pontevedra

20 Setembro 2022

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle a única WordCamp de Galicia, un evento dedicado ao xestor de contidos de software libre máis empregado no mundo para a creación de páxinas web, WordPress.

Organizado por voluntarios e voluntarias da comunidade WordPress Pontevedra, co apoio da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e da Fundación WordPress, o encontro acolle o sábado 24 de setembro preto de 30 conferencias e coloquios, completándose o domingo co chamado ‘Día da Comunidade’, no que se desenvolven diferentes iniciativas dirixidas a colaborar no desenvolvemento deste proxecto de código aberto.

A entradaacceso a todas as actividades os días 24 e 25 de setembro: por unha banda, as conferencias do sábado (haberá dous tracks con charlas de todos os niveis, que se detallan no programa) e, por outro, o ‘Día da Comunidade’ ou Contributor day, o domingo.

Están incluídas as comidas durante o evento, tanto o sábado como o domingo. Así como o café/té/auga durante as pausas do evento, que se realizarán pola mañá e pola tarde.

Tamén che permitirá acudir á after party (ou festa rachada) do sábado pola noite, onde poderás tomar algo de forma distendida con outros asistentes ao evento. Ademais, recibirás unha camiseta conmemorativa da WordCamp Pontevedra 2022 (elixes a túa talla ao comprar a entrada), unha acreditación personalizada… e algunha sorpresa máis!

A inscrición ao do_action que se celebra o día 23, é diferente á entrada xeral. Podes inscribirte gratuitamente aquí.

Está pasando!